1 de feb. de 2020

TUI

Carme Núñez (voceira municipal do BNG en Tui): "O BNG de Tui continúa na súa oposición constructiva en Tui"

E chama "ao goberno a ter en conta a opinión dos veciños de Tui"

Carme Núñez,voceira municipal do BNG en Tui


Infogauda / Tui 

 Durante o anterior pleno do mes de xaneiro, os nacionalistas presentaron tres mocións. Así o relembrou a este xornal dixital, Carme Núñez, voceira do BNG no Concello de Tui.

 A primeira das mocións foi relativa "a necesidade de iniciar un traballo de recuperación, sinalización e promoción dos distintos elementos patrimoniais das parroquias (fontes, pilóns, lavadoiros, pontes, cruceiros, patrimonio arqueolóxico,etc), que inclua ademáis os necesarios traballos de catalogación e recuperación da toponimia. Buscar fórmulas de colaboración cos veciños para traballar tamen de sendeiros no monte comunal que contan cun rico patrimonio arqueolóxico".  

 A segunda, moción de Galiza Nova, "solicitando medidas de mellora na biblioteca pública (deficiencias de iluminación, insonorización, o acceso a rede wifi)".  

 E por último unha moción para "a mellora da sanidade pública denunciando os concertos con hospitais e clínicas privadas, as listas de espera, a carencia de persoal suficiente, (...)". 

 As dúas primeiras quedaron enriba da mesa para debatir en comisión informativa e a terceira foi aprobada.  

 A formación nacionalista declara que "a oposición de forma conxunta presentou unha moción solicitando a paralización do cambio de circulación nas rúas Palláns, San Bartolomé e Arraial prevista para entrar en vigor o día 1 de febreiro" e instando ao grupo de goberno "a realizar primeiro un eatudo técnico e a recoller as necesidades e as propostas dos veciños, contando sempre coa súa participación para por en marcha este tipo de medidas, sendo rexeitada polos votos en contra do grupos que conforman o goberno".

Ningún comentario:

Publicar un comentario