Tomiño acolle até o 17 de febreiro a exposición fotográfica “15 visións – Express-Arte”
A mostra, situada no 1º andar do Mercado Municipal, recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero
A mostra está, situada no 1º andar do Mercado Municipal de Tomiño
Foto: C.T.
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño acolle até o 17 de febreiro próximo a exposición fotográfica “15 visións – Express-Arte”, creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).
A mostra, situada no 1º andar do Mercado Municipal e incluída na Axenda de Primavera, recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte recoñecidas na historia, como “A Gioconda”, de Leonardo da Vinci, ou “La maja vestida”, de Goya. Ditas fotografías ofrecen unha perspectiva diferente baixo o prisma de xénero das realidades que son representadas nesas imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario