Curso de Monitor/a Actividades de Tempo Libre
Comezará en marzo. Inscricións abertas
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Xuventude e da Oficina Municipal de Información Xuvenil, ven de abrir o prazo de inscricións para un Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre que comezará no vindeiro mes de marzo.
Este curso inclúe formación específica en atención á diversidade e ten un prezo de 255€ para persoas en situación de desemprego e de 275€ en tarifa ordinaria, coa posibilidade de fraccionar os pagos en dous prazos.
O curso realizarase as fins de semana en horario de 9:00 a 14:00h e de 15:30 a 20:30h os sábados e os domingos en horario de 9:00 a 14:00h, impartido pola Escola de Tempo Libre Koremi.
As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición a través do formulario en liña: https://forms.gle/qNXZjvSgcxcpf9HK6
Ou contactando coa OMIX da Guarda no 986 610 000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario