13 de feb. de 2020

A GUARDA

O concello continúa traballando para ser mais accesible 

Xunto coas “Areas de Consideración Especial” o plan de accesibilidade marca unhas “Áreas de Actuación”



Infogauda / A Guarda

 O Goberno municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, ven de facer público que nas actuacións de humanización, recuperación e mellora de rúas, espazos e edificios públicos que se veñen realizando no concello da Guarda, a accesibilidade ten un peso importante hora de redactar os proxectos e executar obras. 

 Neste senso o concello ten realizado actuacións singulares como: “a rampla de acceso a parte alta do auditorio de San Bieito”, “o acceso a praia da Area Grande” ou o “ascensor e baños da praza de abastos”, entre outras. Tamén se levan executado multitude de obras de humanización en plataforma única entre as cales destaca a rúa Concepción Arenal. 

 Precisamente a obra de humanización da rúa Concepción Arenal seguiu os criterios marcados no “Plan de mellora da Accesibilidade na vila da Guarda”, redactado no ano 2018. Concretamente, a obra de Concepción Arenal, resolve a mellora da accesibilidade de dúas das “Áreas de Consideración Especial” marcadas como tales no mencionado plan: A zona entre a rúa Galicia e Avelino Vicente, e a zona entre a rúa Brasilino Álvarez e a rúa do Porto. Estas dúas zonas de actuación veñen marcadas como as primeiras fases a executar. 

Intersección das rúas República Dominica e Galicia
Foto: C.A.G.


 Xunto coas “Areas de Consideración Especial” o plan de accesibilidade marca unhas “Áreas de Actuación” nas que se deben resolver problemas puntuais de accesibilidade. A primeira “Área de Actuación” recomendada abarca un tramo da rúa Galicia que vai dende o cruce con República Dominicana ata o cruce con Concepción Arenal. 

 O concello ven de adxudicar as obras de mellora da accesibilidade deste tramo por un importe de 47.900 € con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra. 

 A obra consiste na adecuación dun tramo da rúa Galicia comprendido entre a intersección con República Dominicana e Ramón Sobrino, onde se inclúe a sinalización sensorial para persoas con discapacidades visuais e a priorización e continuidade dos tránsitos peonís sobre os vehículos. 

 Preténdese adecuar un tramo urbano moi importante para a vila da Guarda, coa colocación de pavimentos de botóns, eliminación de vados en mal estado, eliminación de resaltes, redución de desniveis, instalación de bolardos para a protección dos peóns, elevación de pasos de peóns e colocación de pavimentos direccionais. 

 As obras teñen un prazo de execución de dous meses e será preciso o corte de rúas en momentos puntuais para acometer certos traballos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario