3 de feb. de 2020

A GUARDA

O Concello abriu as inscricións para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública do 9 de febreiro 

• As persoas interesadas xa se poden anotar no 986 610 000 (Alcaldía)

• A Corporación Municipal en pleno aprobou a posta a disposición de autobuses para asistir a manifestación 


Infogauda / A Guarda

 Despois da aprobación por parte da corporación guardesa no pleno celebrado o venres 31 de xaneiro, o Concello da Guarda porá autobuses a disposición da cidadanía para asistir á manifestación. 

 Dende este luns todos os veciños e veciñas interesados en asistir a dita concentración, poden acudir á Alcaldía ou chamar ao 986 610 000 (Alcaldía) para reservar á súa praza para o autocar que os levará a Santiago de Compostela na mañá deste domingo día 9 de febreiro. Queda habilitado deste xeito un rexistro único para coordinar a asistencia a esta manifestación. 

 A saída dende A Guarda está marcada para as 9:30h da mañá dende a parada do autocar da Rúa Rosalía de Castro (Centro Cultural). 

 Desde o executivo municipal do concello guardés relembran: "Un importante número de veciños e veciñas da Guarda levan concentrándose cada xoves dende fai meses no centro de saúde da localidade demandando a mellora na atención sanitaria. 

 Na actualidade hai deficiencias motivadas, principalmente, pola falla de cobertura de prazas, o que provoca unha sobrecarga nas consultas ou incluso a anulación de citas. Dende A Guarda tamén se ven reclamando dende fai anos un segundo equipo para o servizo de urxencias. 

 O servizo de atención sanitaria na Guarda, tanto as consultas ordinarias como as urxencias, é deficiente. Este problema vese agravado polo illamento que sofre a vila. Hai que lembrar que se tarda case unha hora en chegar ao hospital de referencia en Vigo, debido, sobre todo, a mala comunicación por estrada entre A Guarda e Tui".

Ningún comentario:

Publicar un comentario