24 de xan. de 2020

MARZÁN (O ROSAL)

SAN VICENTE DE MARZÁN INAUGURA O CALENDARIO DE FESTAS TRADICIONAIS NO ROSAL  

A romaría celébrase este domingo 26 de xaneiro  



Infogauda / O Rosal

 Coa de San Vicente de Marzán inaugurarase este domingo 26 de xaneiro, o calendario de festas tradicionais do Rosal cunha romaría nunha paraxe única e cun gran percorrido histórico que forma parte da cultura de todas as rosaleiras e rosaleiros. A organización convida á veciñanza a participar nunha romaría que arrancará a primeira hora da mañá con ambiente musical e que terá a seguinte programación:      

 10:00 h. Grupo de gaitas Do lusco ó fusco.     
 Degustación de callos caseiros.
 11:30 h. Misa solemne con sermón e procesión acompañada  pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.     
 Tradicional poxa de produtos típicos do Rosal.  

 A romaría rematará cunha gran tirada de bombas.  

 Dende o Concello do Rosal animan a todos os veciños e veciñas a participar nesta xornada festiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario