23 de xan. de 2020

EMPREGO

A Xunta de Galicia impulsa 3 programas, cun investimento de 16 M€, para incentivar a contratación de máis de 1.800 persoas desempregadas nos concellos galegos  

Feijóo sinala que estas convocatorias correspondentes a persoas perceptoras de Risga, Aprol Rural e persoas desempregadas para o desenvolvemento de obras e servizos de interese xeral e social se publicarán a vindeira semana no DOG

Alberto Núñez Feijóo, presidente do Goberno galego
Foto: X.G.

Infogauda / Galicia

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta impulsará 3 programas, que suman un investimento de 16 M€, para favorecer que os concellos poidan contratar este ano a máis de 1.800 persoas desempregadas.  

 A vindeira semana publicaranse no Diario Oficial de Galicia estas convocatorias correspondentes a persoas perceptoras de Risga, Aprol Rural e persoas desempregadas para o desenvolvemento de obras e servizos de interese xeral e social.  Deste xeito destinaranse, incidiu, 7,7 M€ para a contratación de persoas perceptoras da Risga. Un apoio do que tal e como precisou poderán beneficiarse 165 concellos coa contratación de 675 persoas.  

 Por outra banda, o Aprol Rural contará, sinalou, cun orzamento de 7 M€ para a contratación de 600 persoas desempregadas en 270 municipios galegos para a realización de tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios forestais a través da limpeza das faixas secundarias.  

 E, por último e de xeito paralelo, dixo, o Goberno galego investirá 1,5 M€ para apoiar a contratación en 185 concellos galegos de 500 persoas. Neste caso para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social e con contratos de 3 a 6 meses de duración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario