OS ‘CONCELLOS REVITALIZA’ PIDEN Á DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA AXUDAS PARA CONTRATAR QUINCE MESTRAS E MESTRES COMPOSTEIROS
O BOPPO publica hoxe as bases para crear unha nova bolsa de empregoa través dun proceso selectivode concurso-oposición
Co
fin de formar unha nova bolsa de emprego destinada ao nomeamento
interino por programa de mestras e mestres composteiros nos concellos, o
Boletín Oficial da provincia publica hoxe as bases para o proceso
selectivo
Foto: D.PO.
Infogauda / Pontevedra
Catorce dos concellos adheridos ao Plan Revitaliza veñen de solicitar axudas á Deputación para contratar quince mestres e mestras composteiras que se fagan cargo dos centros de compostaxe e do control dos composteiros individuais repartidos nos municipios. Segundo explica o vicepresidente César Mosquera, as subvencións, que se concederán unha vez supervisadas as solicitudes polo persoal técnico provincial, permitirán consolidar a compostaxe na provincia dunha maneira tecnificada e profesional e axudar así aos concellos a cumplir os obxectivos de xestión de lixo marcados pola Unión Europea.
Os concellos interesados en dispor de persoal propio para levar adiante o seu plan de compostaxe foron Vilaboa (que solicita dúas prazas), A Guarda, Illa de Arousa, As Neves, Bueu, Cangas, Gondomar, Mancomunidade do Morrazo, Mondariz, O Grove, Poio, Ponte Caldelas, Tui, e Valga (que solicitan subvención para unha praza).
Segundo lembra o vicepresidente César Mosquera, a Xunta de Goberno aprobou o pasado ano unha partida para facer fronte ao custe. Así, tendo en conta as 15 mestras e mestres composteiras que se incorporarían, a achega da Deputación no ano 2020 (10 meses e 0 100% da subvención) sería de 359.716,50 euros, no 2021 o 50% (179.858,25 euros) e de 107.914,95 no 2022 (30%), facendo un total de 647.489,70 euros nos tres anos.
Trátase da segunda vez que a Deputación facilita a contratación de persoal aos concellos adheridos ao plan de compostaxe provincial, tendo outorgado na primeira convocatoria axudas para a contratación de trece postos técnicos. A previsión é que as quince novas prazas se cubran con persoal preparado en compostaxe, chamando en primeiro lugar ás persoas que forman parte da vixente bolsa de emprego mais, simultáneamente, acábase de abrir un novo proceso selectivo por parte da Deputación para crear outranova bolsa que dea satisfacción ás necesidades.
Bases da nova convocatoria
Co fin de formar unha nova bolsa de emprego destinada ao nomeamento interino por programa de mestras e mestres composteiros nos concellos, o Boletín Oficial da provincia publica hoxe as bases para o proceso selectivo. A presentación de solicitudes para participar na convocatoria finaliza o vindeiro 29 de xaneiro (10 días hábiles a partires do día seguinte á publicación).
A selección das candidatas e os candidatos desenvolverase en dúas fases a través dun sistema libre de concurso-oposición. Naprimeira fase haberá tres exercicios: o primeiro (60 puntos) será de carácter obrigatorio e eliminatorio e consistirá en contestar por escrito un test de 60 preguntas con varias respostas alternativas sobre o contido do programa.O tribunal convocará as persoas que superaron o primeiro exercicio para a entrevista persoal (8 puntos) nun único chamamento, na que a persoa aspirante poderáexpoñer o seu currículo e contestar as preguntas que lle formule o tribunal sobre este e sobre calquera outro tema relevante para o desempeño do posto de traballo. O terceiro exercicio consistirá na demostración do desempeño na lingua galega (2 puntos).
A segunda fase, de concurso, consistirá na valoración dos méritos achegados polas interesadas e interesados. A puntuación máxima outorgada será de 30 puntos por todos os conceptos: valorarase a experiencia profesional (máximo 10 puntos), os méritos académicos (máximo 2 puntos), prácticas (máximo 3 puntos), e cursos relacionados coa compostaxe (máximo 15 puntos).
Prevese que as probas se poidan realizar ao longo do mes de febreiro para que a incorporación aos postos de traballo nos concellos se efectivice ao longo do mes de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario