ATLETISMO
OS DEPORTISTAS DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA ACADAN MOI BOS RESULTADOS NO BARCO DE VALDEORRAS
Álex Sierpes Pereira debuta na categoría Sub14 masculina, e acada o subcampionato de Galicia
Álex Sierpes Pereira debuta na categoría Sub14 masculina, e acada o subcampionato de Galicia
Álex Sierpes Pereira - a esquerda do podio - fíxose esta vez coa 2ª posición, que lle valeu o subcampionato galego na nova categoría Sub14 masculina
Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega
Moi bos resultados para o club Sociedade Atlética do Trega – Tomiño esta fin de semana na Rúa (O Barco de Valdeorras) no XV Campionato de Galicia sub16 individual e clubs, e o XXIV Memorial Alejandro Lorenzo, campionato de Galicia de menores.
Este pasado domingo en xornada matinal, cunha sensacional temperatura, no circuíto do Aguillón, acolleu os diferentes campionatos galegos federados, onde o noso club tivo unha importante participación de atletismo do Baixo Miño.
Marcela Morgado Rodríguez - a dereita do podio - acadou a medalla de bronce e o campionato galego por equipos
A máis destacada foi esta vez, Marcela Morgado Rodríguez. Dámoslle felicitacións por partida dobre, onde debutou co noso filial o Ourense Atletismo, representando as súas cores, cun percorrido de 3km, parando o crono en 11´59" quedando 3ª individual e conseguindo o bronce, cuxa clasificación, levaría a primeira posición, co resultado de campioas galegas por equipos.
Pero nosa outra atleta Uxía Rodríguez Hortas púxollo moi difícil ata o final da proba porque tiveron que darse de ti a ti toda a carreira, para que Marcela Morgado puidese conseguir o 3º posto, facerse coa medalla de bronce individual e proclamarse campioa calega por equipos, onde a Morgado representará ao Ourense Atletismo no Campionato de España de Clubs que se celebrará en Soria o 23 de febreiro.
Felicidades Marcela e a Uxía pola súa axuda!
Álex Sierpes Pereira fíxose esta vez coa 2ª posición, que lle valeu o subcampionato galego na nova categoría Sub14 masculina, sendo moi valente toda a carreira tirando dela e cedendo tan só o liderado por 3" na parte final encarando a meta nunha distancia de 2.300 metros cun crono de 8´25".
A seguir loitando Álex!
A seguir loitando Álex!
Carmen Magallanes Pérez -´a dereita do podio - coa súa medalla de bronce
A terceira medalla individual logrouna Carmen Magallanes Pérez, que asinou unha fantástica 3ª posición na categoría Sub14 feminina, onde moi intelixente, correu de menos a máis, atopándose co grupo dianteiro, asinando este magnífico pódium na distancia de 2.300 m, facendo un tempo de 9´23", e acadando unha medalla de bronce.
Na imaxe todos os medallistas do club Sociedade Atlética do Trega
A dereita da imaxe, as deportistas da Sociedade Atlética do Trega que acadaron o bronce por equipos
Por último, para acabar, esta xeración de mozas do 2007- 2008 deleitáronnos cun bronce por equipos na categoría Sub14 feminino, sumando 71 puntos en total.
O resumo de resultados, das compoñentes da cor do chocolate foi o seguinte:
· Carmen Magallanes Pérez, 3ª/ 9´23"
· Mara Romeu Vicente, 6ª/ 9´37"
· Elisa Morgado Rodríguez, 20ª / 10´10"
· Carla Rocha Bautista, 68ª / 11´50"
Felicitar desde aquí aos nosos atletas por esta bonita xesta, que este grupo asinou, sen menosprezar ao resto do club participante non mencionados, que tamén fixeron moi bos e meritorias postos.
Seguiremos traballando duro. Isto foi o principio porque dentro de 15 días teremos o Provincial Escolar e a seguir o Campionato Galego Escolar de Campo a Través, onde tentaremos loitar polas prazas do Nacional de Campo a Través Escolar coas nosas mozas sub16 feminino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario