O Concello amplía a apertura da Aula de Estudo
Vista parcial da Aula de Estudo no antigo colegio público Manuel Rodríguez Sinde
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Grupo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda ven de anunciar a ampliación ata o vindeiro 16 de xaneiro da Aula de Estudo para que todas aquelas persoas que ao longo das vacacións de Nadal precisen dun espazo para poder estudar, acudan ata o Sinde vello.
Ante a demanda dun grupo de estudantes universitarios da nosa vila, este Nadal habilitouse un aula do Sinde vello como sala de estudo, situado no baixo do antigo Colexio Público Manuel Rodríguez Sinde, na Rúa Puerto Rico. A demanda continúa, polo que se decidiu ampliar a apertura deste espazo.
Este espazo atópase aberto ao público os seguintes días: Ata o 16 de xaneiro de 2020 en horario de 09:30 a 20:30h.
Excepto o 7, e do 13 ao 16 de xaneiro que se abrirá en horario reducido de 16:30h a 20:30h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario