16 de xan. de 2020

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS PROPÓN O PLENO DO CONCELLO A TRAMITACIÓN DO CATÁLOGO DE ELEMENTOS DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO

“(...) Dende o ano 1988 o 2020 teñen transcurrido máis de 21 anos en que aos veciños  de A Guarda se lles ven furtando o dereito que lles asiste de poder dispor do preceptivo Catálogo como instrumento normativo de protección do patrimonio cultural (...)”.
 
Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

  No día de hoxe, xoves 16 de xaneiro de 2020, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas presentou no Concello de A Guarda unha proposta (rexistro nº 2020-E-RE-145) para que  “se proceda a dar cobertura e seguridade xurídica aos catálogos de bens protexidos do Patrimonio Histórico-Artísticos”, motivo polo cal solicita que se incorpore a Moción que se acompaña o expediente do próximo Pleno Ordinario a celebrar o derradeiro venres do mes de xaneiro de 2020.

  Como documentación adicional a moción presentada para seu debate e aprobación, se procede, na referida sesión plenaria, o concelleiro de Converxencia Galega adxunta copia da Sentencia nº 566 - 1998, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Xustiza de Galicia, de 25 de xuño de 1998.

 O contido da moción presentada polo edil de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, dí o seguinte:

 Celso R. Fariñas, portavoz de Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, ven presentar en tempo e forma, para a súa incorporación o expediente correspondente o Pleno Ordinario deste mes de xaneiro/2020, a seguinte MOCION:  

CUMPLIMENTO DA SENTENCIA SOBRE A APROBACIÓN E INCORPORACIÓN DOS CATÁLOGOS DE ELEMENTOS OBXETO DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICOS LOCAIS.     

ANTECEDENTES DE FEITO:   

I.- A Comisión Provincial de Urbanismo, en sesión celebrada o día 29 de xullo de 1993, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de A Guarda, iso sí, ca orfandade do preceptivo trámite de información pública do Catálogo, como instrumento normativo complementario do mesmo.   

II.- En data 25 de xuño de 1.998, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou a Sentencia núm. 566/1988, que no séu Fundamento de Dereito Segundo que:   

  “(…)  En el presente caso, el Plan General fue aprobado por acuerdo de la Comisión Provincial de Urbanismo incorporando al mismo el listado de elementos objeto de protección del Patrimonio Histórico Artístico aportado por los representantes de la Consellería de Cultura; se pretendía con esta incorporación suplir su falta previa que ya había sido puesta de manifiesto en el informe del Servicio Provincial de Urbanismo de 5 de abril de 1994, pero lo cierto es que esa incorporación, pese a lo ambiguo del término, encierra una verdadera aprobación que no puede ocultar la evidencia de que no ha sido sometido al oportuno expediente, hasta el extremo de que repetidamente se alega por la Administración la posibilidad de someterlo más adelante a exposición pública, procede, pues, en este punto, estimar el recurso y anular esa incorporación, lo que deja al Plan sin catálogo de elementos protegibles, (…)”.         
(…)  
 FALLAMOS: Estimamos en parte el recurso contencioso-administrativo interpuesto..., contra la desestimación presunta por silencio administrativo por parte de la Consellería de Ordenación del Territorio y Obras Públicas de los recursos ordinarios deducidos  contra la resolución de la Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra de  29 de junio de 1993 que aprobó definitivamente el Plan General de Ordenación Urbana del Ayuntamiento de A Guarda, acto que anulamos como no ajustado a Derecho en el solo extremo en el que se incorpora al documento el listado de elementos objeto de protección del Patrimonio Histórico Artístico aportado por los representantes de la Consellería de Cultura;…”. Dicha Sentencia es firme e inatacable.  

III.- Como secuela de tal orfandade o Concello de A Guarda carece, a día de hoxe, a habilitación para a autorización das intervencións a que se refire o artigo 65 da Ley 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, entre outros motivos, por incumplir os requisitos establecidos na Disposición adicional cuarta.    

IV.- Dende aquel lonxano ano de 1988, en que a citada Sentenza desterrou do ordenamento urbanístico o (“CATÁLOGO”), listado de elementos obxeto de protección do Patrimonio Histórico-Artístico aportado polos representantes da Consellería de Cultura, o noso Concello e, por elevación, os distintos alcaldes que pasaron pola Casa Consistorial dende o ano 1988 ata o día de hoxe, como máximos garantes e responsables da salvagarda do patrimonio cultural teñen vido facendo tabla rasa obviando os anteriores feitos reflectidos neste escrito, feitos dos que tíñan pleno coñecemento e, sin rubor algún, reiteradamente teñen seguido conculcando o principio de seguridade xurídica que consagra o artígo 9.3 da Constitución. Ainda que non é o momento de mirar para atrás e quedarnos solamente na queixa, senón, mirar para adiante e pasar a acción. Hai que ter en conta, que dende o ano 1988 o 2020 teñen transcurrido máis de 21 anos en que aos veciños  de A Guarda se lles ven furtando o dereito que lles asiste de poder dispor do preceptivo Catálogo como instrumento normativo de protección do patrimonio cultural.   

 Con base o exposto, presentamos para o séu debate e aprobación si procede esta MOCIÓN:   

 Que se acorde a tramitación por imperativo legal do correspondente CATÁLOGO como instrumento normativo e complementario do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana cuxo obxetivo é identificar os elementos que, polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos, arqueolóxicos, etnográficos ou paisaxísticos, se estime convinte conservar, mellorar ou recuperar. Todo elo, levado a cabo nas especificacións establecidas na Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, no séu Título I, Capítulo VII, Sección 3ª, no seu artigo 81 “CATÁLOGOS, en concordancia, co Decreto 143/2016, de 22 de setembro, por lo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, no séu Título II, Capítulo VII, Sección 3ª, nos séus artigos 195 o 198 inclusive, adaptado as determinacións establecidas na Lei en 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, según a redacción dada a mesma pola Le 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana de Galicia, en relación, ca Resolución de 2 de agosto de 2019 pola que se da publicidade da Instrucción interpretativa conxunta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Consellería de Cultura e Turismo para a aplicación das seccións 1ª. Normas de aplicación directa, e 2ª, Licencias directas, do Capítulo V do Título I da Lei 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.       

Celso R. Fariñas 
D.N.I. ....85..13-*
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario