Instalados paneis informativos
NAS SALINAS ROMANAS DO SEIXAL E NAS RUPESTRES DAS LAGOAS (CAMPOSANCOS)
Vista das salinas romanas localizadas no Seixal (A Guarda)
Fotos: A Guarda.Mar de Sal
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O proxecto A Guarda. Mar de Sal, que quedou finalista nos II Premios Economía Azul, na categoría de diversificación, continúa a xerar novas de interese no que respecta á posta en valor do patrimonio directamente relacionado coas escavacións arqueolóxicas - dirixidas por Mar Cortegoso Comesaña - das salinas romanas do Seixal, e a recente dotación de paneis informativos dese complexo salineiro, así como tamén no das pías salineiras rupestres localizadas na zona das Lagoas (Camposancos) - coordenadas: 41.876204, -8.867753 - e doutras que están situadas - na Praia do Forte, O Puntal,..., e noutros enclaves -, na orla litoral do termo municipal de A Guarda.
Panel informativo ubicado a carón do complexo salineiro do Seixal
Neste outro panel o visitante dispón de información tanto das salinas romanas como das pías salineiras rupestres
Panel informativo na zoa das Lagoas (Camposancos)
A Guarda.Mar de Sal é un proxecto - coordinado por Brais Currás Refojos - impulsado polo Concello da Guarda co apoio do GALP Ría de Vigo-A Guarda que ademáis de constituir un recurso patrimonial e turístico, coa súa posta en valor, ten captado á atención dos especialistas, dos medios de comunicación social, e por extensión dos veciños e visitantes de A Guarda, xerando moitas sinerxias. De feito, desde o comezo das escavacións ata o día de hoxe, as devanditas salinas, que forman parte dun dos maiores complexos salineiros do Imperio Romano coñecidos ata o momento; teñen sido visitadas por centenares de persoas, grazas á arqueóloga Mar Cortegoso Comesaña, e tamén a Agustín Ferreira Lorenzo, co-fundador e presidente da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), a través dun convenio de colaboración co Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario