“RECUPERADA” A CAIXA DE CORREOS QUE HOUBO NA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL
Foi reubicada no comezo da Praza de San Bieito
A caixa de Correos de cuxo presunto “esquecemento” demos conta neste xornal dixital, ven de ser reubicada no comezo da Praza de San Bieito
Foto: Infogauda Infogauda / A Guarda
Con grande satisfacción para o equipo humano que cada día facemos posible este xornal dixital transfronteirizo, porque dalgún xeito consideramos que tívose en consideración - o cal agradecemos vivamente - e sóubouse ler o fondo da crónica que publicamos en Infogauda o pasado día 10 de decembro de 2019; agora damos conta da “recuperación” da caixa de Correos que como nosos amables lectores saben, no seu día motivara que lle adicásemos unhas liñas, deixando constancia dúa súa “perda” na rúa Concepción Arenal, onde ao longo de moitos anos, e ata antes das obras levadas a bo termo nesa rúa, estivera ubicada.
A “recuperación” da devandita caixa de Correos tivo lugar esta mesma semana, concretamente a media mañá do día 15 de xaneiro, data na que dous operarios municipais, cuxas identidades cónstannos, e un camión propiedade do Concello de A Guarda, achegáronse ata o oficina de Correos, sita na Rúa Oia, nº 2, da nosa vila, e logo de falar co responsable da devandita oficina, procederon a recollida da caixa de correos e ao seu inmediato traslado para o lugar onde, segundo ás instruccións dos responsables do Goberno Municipal, sería reubicada.
Dese xeito, o presunto “esquecemento” da caixa de Correos, foi felizmente subsanado, toda vez que desde esa mesma data está reubicada nun lugar perfectamente accesible, no comezo da Praza de San Bieito. E operativa, para que calquera usuario, veciño ou visitante, poida depositar á correspondencia que desexe enviar por correo ordinario.
O tempo que deixamos constancia da referida “recuperación”, damos ás grazas a todas ás persoas que a fixeron posible.

Ningún comentario:
Publicar un comentario