9 de abr. de 2019

A GUARDA

ANTONIO LOMBA BAZ PRESÉNTASE ESTE VENRES ANTE A VECIÑANZA PARA REVALIDAR A ALCALDÍA  

• O actual alcalde da Guarda protagonizará un acto no que contará coa presencia de David Regades, secretario xeral provincial  

•    A cita terá lugar este venres, 12 de abril, ás 20:30h no salón de actos do Centro Cultural da vila 
Antonio Lomba Baz novamente candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de A Guarda

 Infogauda / A Guarda

 O socialista Antonio Lomba Baz presentarase este venres ante a veciñanza guardesa coa vista posta en revalidar a alcaldía o próximo 26 de maio. Será nun acto no que estará acompañado do secretario xeral provincial, David Regades Fernández, así como de Montserrat Magallanes Álvarez, máxima dirixente da agrupación municipal e deputada provincial, e Bárbara Domínguez González, secretaria de política municipal de XSG. A cita terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural da vila, ás oito e media da tarde.  

 Lomba, concelleiro desde 2003, ocupou desde que chegaron os socialistas ao goberno en 2007 as áreas de Cultura e Novas Tecnoloxías, para suceder no 2015 a José Manuel Domínguez Freitas como candidato socialista, acadando a alcaldía. 

 O actual alcalde preséntase coa vontade de seguir construíndo unha vila “para todas e todos” e anima á veciñanza a achegarse ao acto e escoitar as propostas socialista de cara ao seguinte mandato.

A GUARDA

EDUCACIÓN

Curso sobre uso seguro de internet e TIC para educadores e adultos 

Abertas as inscricións ata o 16 de abril 


 Infogauda / A Guarda

   A Concellería de Educación do Concello de A Guarda abre o prazo de inscricións para un curso sobre o uso seguro de internet e TIC enfocado especialmente a educadores e adultos. 

 O curso, cunha duración total de 6 horas repartidas ao longo das xornadas do luns 22, mércores 24 e venres 26 de abril, impartirase en horario de 20:00 a 22:00 horas, na Aula Cemit no primeiro andar do Centro Cultural da vila. 

 Neste curso as nais, pais e educadores, aprenderán cómo é o funcionamento básico de internet, para que coñezan de primeira man o uso que poden facer os alumnos e fillos e poder promover un uso seguro das novas tecnoloxías. 

 As inscricións están xa abertas a través da Concellería de Cultura e no enderezo electrónico cultura@aguarda.es ata o 15 de abril.

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CRISTINA SPÍNOLA, UNHA MULLER DE MOITO MUNDO, VISITA CAMPOSANCOS

· Asistiu a recente edición de “Música e Palabras”

A escritora canaria Cristina Spínola, co profesor camposino José Manuel Malheiro Gutiérrrez, na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos
Foto: José Fernando Martínez Martínez


Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos (A Guarda)

 A recente sesión de “Música e Palabras”, celebrada na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos contou cunha importante afluencia de público. Iso anima, sen dúbida, á activa xunta reitora que preside José Fernando Martínez Martínez, a continuar desenvolvendo súa labor a prol dos montes propiedade da devandita comunidade, como xa o veñen facendo con todo o agarimo, porque os feitos a vista de todos están; e o mesmo tempo, a sentirse motivados a continuar coa meritoria labor cultural da cal beneficíanse non soio os comuneiros e veciños de Camposancos, senón tódalas persoas que así o desexen, porque ás portas da Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos, están abertas para quen queira compartir tódolos eventos que teñen a ben - e moi acertadamente - organizar. Un deles, é “Música e Palabras”, binomio que conxuga poesía e música en vivo. E as veces, algunha grata sorpresa, como aconteceu na recente sesión que tivo lugar o pasado venres,  xa que entre ás persoas que tiveron a ben asistir estivo Cristina García Spínola de Brito (Las Palmas de Gran Canaria, 27 de xuño de 1976). Unha xornalista, deportista, ex reporteira de televisión, escritora - é autora de varios libros: "Sola", "Sola en bici", "Taller de felicidad", "The Workshop of Happiness: Tools and Ideas for Creating the Life You Like", "O Poder de Viver Com Paixâo: Passos para Descobrir e Alcançar o Que Quer Na Vida" - e youtuber, mundialmente coñecida - e tamén recoñecida -,  como Cristina Spínola.

  Ademáis, Cristina Spínola é a primera muller española  que deu a volta ao mundo en bicicleta sen apoio técnico e sen tregua, e a primeira hispana en remar en solitario o Mar de Cortés, no Golfo de California (México).

 “Creo que no hay mejor manera de conocer la realidad de un país y de sus habitantes que viajando en bicicleta. Vale la pena sufrir a veces para llegar a donde no llega nadie y encontrar a seres humanos increíbles que nunca hubiéramos conocido de otra forma; personas con unos valores asombrosos de las que aprendemos y gracias a las que cumplimos e propósito final de este viaje, crecer como personas y cambiar nuestras vida”, afirma a escritora canaria.

 Cristina Spínola atópase estes días entre nós, preparando súa próxima actividade que desenvolverase no Baixo Miño no decurso da Semana Santa. Para comprender un pouco mellor a labor que desenvolve non podemos esquecer seu activismo e seu compromiso social coas mulleres. “Mi compromiso social con las mujeres del mundo se centra en la promoción de la autonomía de las féminas y su independencia económica”, proclama.  

 A escritora canaria ten un xeito moi persoal de desenvolver súa actividade cotiá, xa que faino pedaleando:  “(...) pedaleo a tiempo completo por el mundo para inspirar a otras mujeres a ser autónomas e independientes económicamente.  ​ 

 Creo que todo lo que hagamos en la vida debe ir acompañado de un propósito por mejorar el mundo. Sea lo que sea.

 Mi objetivo viajando por el mundo en una bicicleta es conocer otros países en profundidad al mismo tiempo que fomentar en ellos el empoderamiento de la mujer (...)”.  

 Sobor das súas conviccións como persoa, esta muller non ten ningunha dúbida: “Creo que la Igualdad de Género es clave en el desarrollo de las economías más débiles y es vital para un mundo equilibrado donde predomine la paz entre las naciones.     

 Los hombres y las mujeres deben recibir los mismos beneficios y ser tratados con el mismo respeto, porque todos tenemos la misma dignidad.

 Ademáis, Cristina Spínola afirma que viajar es una excelente manera de empoderarse como mujer”.

  Todas las mujeres deberíamos viajar solas alguna vez. ¿Por qué? Pues muy sencillo. El sistema patriarcal nos educa para que seamos dependientes, emocionalmente y económicamente, de los varones. Viajar sola contrarresta estos patrones adquiridos desde la niñez y aumenta tu capacidad de tomar decisiones. Te ayuda a encontrar tu pasión. Te hace más fuerte psicológicamente. Hace que te abras a los demás y aumentes considerablemente tus habilidades sociales. Te ayuda a conectar contigo misma, con la naturaleza y con los demás. Te ayuda a conocerte a tí misma y a valorar más lo que tienes. A quererte más y a saber qué dirección tomar en la vida, y sobre todo, a ser independiente.

  Te recomiendo que viajes sola, como mínimo, un año de tu vida, para que resetees tu cerebro y te conviertas en un ser independiente, libre y sin ataduras, seas hombre o mujer.

ACABOUSE O MODELO DO PAI PROVEEDOR E DA NAI COIDADORA

  Cristina Spínola, que en 2014 renunciou a súa profesión como reporteira de TV, embalou súa bicicleta e mercou un billete a Sudáfrica, ten moi claro cal é seu obxetivo: “Mi objetivo es servir de inspiración para motivar a muchas mujeres con mi experiencia a que avancen, superen sus miedos, sus límites y saquen a la luz todo su potencial y talento. En este sentido, mi compromiso social con las mujeres del mundo se centra en la promoción de la autonomía de las mujeres y su independencia económica.  

 La violencia en el entorno familiar desde antes de que nace el bebé hasta los dos años es fatal para la crianza de los niños. Si no promovemos medidas que reduzcan las desigualdades vamos a seguir los mismos ratios de violencia de género en el mundo. Las cifras de la OMS señalan a que una de cada tres mujeres en el mundo ha sufrido violencia física y/o sexual de pareja o violencia sexual por terceros en algún momentos de su vida (35% de las mujeres de todo el mundo). La mayoría de estos casos son violencia provocada por la pareja. Un 38% de los asesinatos de mujeres cometidos en todo el mundo son provocados por su pareja.​  

 Estas formas de violencia pueden afectar negativamente a la salud física, mental, sexual y reproductiva de las mujeres y aumentar la vulnerabilidad al VIH”.

 Cristina Spínola, que recorreu a India, Nepal, Sudeste Asiático, Indonesia, Nova Zelanda, América,... é moi probable que volte novamente a Camposancos para impartir unha conferencia.