O Concello de Tomiño e o Club Sociedade Atlética do Trega organizan a II Carreira de Nadal
O evento deportivo transcorrerá pola nova avenida de Tomiño, quedando aberta ao público ao finalizar a proba deportiva
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño e o Club Sociedade Atlética do Trega organizan a segunda edición da Carreira de Nadal. A proba transcorrerá pola nova avenida do Seixo que unha vez rematada a proba quedará aberta ao público.
A xornada deportiva comezará ás 11:00 horas coa categoría de absoluto masculino e feminino, cun traxecto de 6km. Ás 11:35 horas será o turno dos alevíns, infantís e cadetes cun percorrido de 1,5 km. Seguiranlle os benxamíns ás 11:40 h., e ás 11:50 h. os prebenxamíns para rematar ás 12:00 horas coas pulgas que farán 100m.

Ao finalizar a carreira os participantes están convidados a chocolate quente a cargo da ANPA Mosteiro. Para participar é preciso inscribirse a través da rede na páxina laptime.es/carreras/ii-carreira-de-nadal-de-tomino/
O prazo de inscrición remata o sábado 21 de decembro.
No momento de redactar esta información xa había 108 inscritos (69 para á carreira de 6km; 8 para á carreira de 600 m.; 12 para á carreira de 100m; 11 para á carreira de 1.500 m.; e 8 para á carreira de 250 m.)

A presentación da carreira celebrouse onte á tarde na Casa do Concello e estivo a cargo dos membros do equipo directivo do Club Sociedade Atlética do Trega, Protección Civil de Tomiño, e os concelleiros Francisco Campo Lago, responsable de Deportes, e Ismael Troncoso, de Seguridade, tráfico e persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario