HORARIO DOS ESPAZOS MUNICIPAIS DURANTE O NADAL
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal fixo público no día de hoxe, que desde este mércores 18 de decembro ata o venres 3 de xaneiro, a Biblioteca Municipal permanecerá pechada en horario de tarde por descanso do persoal.
Desde o Concelllo rosaleiro lembran que, de luns a venres, aquelas persoas adultas que precisen un lugar no que poder estudar ou conectarse a internet teñen á súa disposición os seguintes espazos:
8:30 a 14:30 horas, na Biblioteca Municipal.
As persoas interesadas poden solicitar o seu uso achegándose ao mostrador do Rexistro do concello.
16:00 a 20:00 horas, na Aula de Estudo do Centro Social Polivalente.
Esta aula, habilitada na primeira planta do Centro Social Polivalente, conta con 10 mesas de estudo, wifi e un ordenador con acceso a internet.
O executivo municipal prega desculpas polas molestias e deséxalle á veciñanza felices festas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario