PRÓXIMAS ACTIVIDADES QUE PROMOVE A XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS
O sábado 21 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes, exhibición de baile do Grupo Zumba Camposina e actuación do grupo de jazz Daniel Casares Trío

Infogauda / Camposancos
Para festexar con todos aqueles que o desexen estas datas de Nadal, a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, organiza un evento que terá lugar este sábado día 21 de decembro, ás 20:00 horas na Casa Cultural de Montes - rúa Outeiro, 40 A - de Camposancos.
Para iso, o músico Galego Daniel Casares chegará unha vez mais, co seu trío a sede da Comunidade de Montes de Camposancos, onde presentará standars de jazz e música orixinal. Estará acompañado por Chus Pazos a batería, e por Álex Salgueiro, ao órgano.

Daniel Casares naceu na Coruña onde comezou seus estudos musicais, e no ano 2014 foise a Boston (EE.UU.) para estudar no Berklee College of Music, onde graduouse en jazz coa cualificación summa cum laude. Está integrado en Boston onde actuou semanalmente durante dous anos no famosisimo Wally's Cafe Jazz Club.
No Berklee estudiou con mestres como: Peter Bernstein, Kenny Werner, Mick Goodrick, George Garzone, Darren Barrett, entre outros.
Durante súas curtas estancias en Galicia, nos últimos anos, actuou en diversos locales como o Café Savoy, de Pontevedra (decembro de 2016, con Chus Pazos e Xan Campos), Café Latino, de Ourense (21 de decembro de 2017), Sala Nemonón, de Pontevedra (4 de xaneiro de 2018), La Casa de Arriba, de Vigo (9 de xaneiro de 2018), Jazz Filloa, de A Coruña (10 de xaneiro de 2018) e na Casa Cultural de Camposancos - A Guarda (12 de xaneiro de 2018), sempre acompañado por Chus Pazos a batería, e Álex Salgueiro, ao órgano.
E para pechar esa xornada cultural, o Grupo de Zumba Camposina, fará unha exhibición de ben bailar.
Entrada de balde, coma todos os actos que organiza a xunta reitora da Comunidade de Montes de Camposancos, ata completar aforo.

CHOCOLATADA NO DÍA DE REIS
E para celebrar o Día de Reis, o luns día 6 de xaneiro de 2020, ás 12:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos haberá unha chocolatada.
PALETADA LACONADA DE SAN AMARO
Asemade, o sábado día 18 de xaneiro de 2020, no restaurante do hotel Muíño - a carón da Praia do Forte -, en Camposancos celebrarase a XXIII Paletada Laconada.
As entradas pódense adquirir os días 13 e 14 de xaneiro, de 18:00 a 21:00 horas; e o día 15, de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas, na Casa de Montes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario