7 de dec. de 2019

DEPORTES

REMO INDOOR

O REMEIRO DAMIÁN ALONSO ALONSO LOGRA DÚAS MEDALLAS (OURO E PRATA), NO CAMPIONATO BRITÁNICO

Damián Alonso Alonso, do Club de Remo Robaleira, lucindo ás medallas acadadas no Campionato Británico de Remo Indoor
Foto: Almudena Barbosa Ameal


Infogauda / Deportes 

 O remeiro Damián Alonso Alonso, de A Guarda ven de lograr no día de hoxe sábado 7 de decembro de 2019, dúas medallas (ouro e prata, respectivamente), no Mizuno British Rowing Indoor Championships 2019 (Campionato Británico de Remo Indoor) BRIC 2019, que se celebra na capital do Reino Unido.

 Nas regatas, que tiveron lugar no Lee Valley VeloPark (Velódromo Olímpico de Londres), Damián Alonso Alonso representou este ano, de novo, ao Club de Remo Robaleira.

 "Despois de uns días convalecente non está mal. Os tempos non foron bós. Ainda queda moito por facer deica o Europeo, en xaneiro de 2020 e o Mundial, en febreiro", afirmou Damián Alonso, ao tempo que agradeceulle a Almudena Barbosa por acompañalo esta vez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario