NACE A PLATAFORMA VECIÑAL
AFECTADXS POLA COMUNIDADE DE MONTES DA GUARDA
A Plataforma Veciñal “Afectadxs pola Comunidade de Montes en Man Común da Guarda“ nace cun único obxetivo; o de visibilizar o conflito veciñal existente arredor da Comunidade de Montes da Guarda, onde a sua directiva leva anos negando sistematicamente a entrada de novas/os comuneiras/os.
Fartas/os desta situación, preto de 40 veciñas/os, decidimos crear esta plataforma para organizarnos e coordenarnos na nosa única reivindicación, a de poder xestionar o monte comunal como calquera outra/o veciña/o desta parroquia.
Tanto é así, que esta plataforma non se extinguirá até conseguilo. E facer así da Comunidade de Montes da Guarda, unha Comunidade de Montes democrática, transparente e participativa. Onde calquera veciña/o poida participar da xestión do seu monte.
Por último queremos animar a todas/os as/os nosas/os veciñas/os a solicitar a alta como novas/os comuneiras/os. Ofrecendo toda a nosa axuda e asesoramento se así o necesitaren.
A Guarda, a 8 de decembro de 2019
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario