CONVERXENCIA GALEGA RELEMBRA ALGUNHAS DAS “TRAMPAS” NA VÍA PÚBLICA
Na imaxe dúas fochancas nunha das rúas da vila, que cando chove empoza a auga. Co paso dos vehículos, esa auga, xeralmente suxa, vai parar nalgúns casos ás pernas dos peóns
Fotos facilitadas por unha veciña da rúa República Dominicana
Infogauda / A Guarda
Sen lugar a dúbidas son moitos os cidadáns que en máis ocasións das que nos gustaría a todos, teñen sofrido na súa propia pel o incomodo que xenera pisar nalgunhas baldosas das beirarrúas e sentir o noxento impacto nas extremidades inferiores e nas prendas que levemos neses momentos, da auga suxa, que nalgúns casos, sobor de todo nos días de choiva ou nos inmediatamente posteriores, semella formar parte da inadmisible “rutina”, xa que son feitos que non parecen quitarlles o sono aos responsables do grupo municipal de goberno do Concello de A Guarda. A vista da reiteración desas incidencias, que non fan ningún tipo de distinción, porque afectan a todos os veciños que adoitan camiñar polas rúas da vila, as veces dan gañas de tomar algunha iniciativa que lles facilite á labor aos ediles que representan o goberno municipal, co propósito de ver se dese xeito teñen un coñecemento directo desas pequenas cousas que afectan aos veciños e visitantes, e propóñerse pórlles solución, que non é tan complexa nin supón un excesivo desembolso económico. Para comezar, é cuestión de ter vontade de non continuar molestando aos usuarios da vía pública, reemprazando ás baldosas rotas por outras en bó estado, e fixar ás que están soltas. Así de sinxelo.
Na liña do que vimos de comentar, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, de Converxencia Galega, ven de remesar a Redacción deste xornal dixital, varias fotografías facilitadas por unha veciña da rúa República Dominicana, e o seguinte comunicado:
“TRAMPAS” NA VÍA PÚBLICA
Que a situación das nosas vías públicas non é a máis axeitada para poder circular sin sobresaltos non resulta un secreto para a veciñanza guardesa dende fai bastante tempo. Obras nas que a formación de “pozas” cando chove, anacos que se levantan o pouco de ser “arranxadas” e otras fallas, son habituais no día a día.
Podemos ver como cada poucos pasos, as “baldosas” están soltas e ca choiva podemos “regalar” un baño a quen pasa a nosa veira, ou tamén recibilo do coche que pasa pola estrada o lanzar a auga acumulada na cantidade de pozas que temos en camiños e viais, xa sexan do concello ou dos gobernos provincial ou autonómico.
Nesta ocasión, porque unha imaxe vale máis que mil palabras, traemos éstas, pero poden ser repetidas con distintos matices en diversos puntos da nosa localidade, e remitidas polos usuarios dado o problema existente na “illa de lixo” ubicada na rúa República Dominicana, onde a “ausencia” de asfalto xa ten provocado máis dunha caída, situación que no seu momento puxeron en coñecemento dalgún funcionario municipal e do concelleiro responsable desta área, sin que a día de hoxe, despois de moi boas palabras, se lles dera solución.
Por iso, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar, que por parte do Sr. Alcalde, se den as instruccións necesarias para que se proceda de xeito inmediato a levar a cabo os arranxos pertinentes a fin de evitar que se poida producir calquer percance, problema que tamén afecta o tráfico rodado, especialmente nestas datas en que a choiva impide detectar esta falla no asfaltado ata que se “sufre” o impacto.
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario