7 de dec. de 2019

A GUARDA

O BNG denuncia a perda de subvencións pola deixadez do goberno socialista guardés    

Anxo Lois Baz Vicente, voceiro nacionalista no Concello: “Nun exercicio de absoluta irresponsabilidade, o goberno do PSOE imposibilita o acceso a subvencións da Xunta de Galicia ao non ter presentado a conta xeral en tempo e forma”   

Anxo Lois Baz Vicente, voceiro do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Nestes días de brillo lumínico nalgunhas rúas va vila, no que pode decirse que é o anticipo das vindeiras datas festivas; o voceiro do BNG, Anxo Lois Baz Vicente, ven de facer público que até o día de hoxe son 3 as subvencións as que o Concello non pode optar, cifra que poderá ir crecendo de publicarse no DOG novas axudas por parte da Xunta.  

 “Nun exercicio de absoluta irresponsabilidade, o goberno do PSOE imposibilita o acceso a subvencións da Xunta de Galicia ao non ter presentado a conta xeral en tempo e forma. Unha conta xeral que ten que rendirse á Xunta de Galicia en Xuño, na Guarda non vai estalo como mínimo antes do 8 de Xaneiro do próximo ano” apunta o portavoz do BNG Anxo Lois Baz.

 O nacionalista lembra que a situación pódese agravar no caso de presentarse alegacións a dito documento, o que dilataría os prazos poñendo en risco novas axudas vitais para o noso pobo

A GUARDA QUEDA FORA DE VARIAS ACCIÓNS SUBVENCIONALES
 Recuperación e tratamento paisaxístico do contorno dos recursos turísticos, iluminación ornamental dos recursos turísticos, recuperación ou mellora de miradoiros, sendeiros, rutas, a adecuación de espacios destinados ao estacionamento de vehículos, son algunhas das accións subvencionables das que A Guarda queda fora, avanza Anxo Lois Baz.  

 Por se todo iso non fora suficiente, o previsible quebranto para os cidadáns do Concello de A Guarda, segundo anticipa o voceiro nacionalista, tamén vai repercutir no embelecemento das vías, ocultamento de colectores de residuos, eliminación de cableado aéreo, recuperación de elementos de interese etnográfico ou de arquitectura tradicional, son outras das tarefas das que non poderemos contar coa axuda da Xunta polo desleixo do goberno guardés.  

 Por último Anxo Lois Baz non dubida en afirmar: A Guarda tamén quedará fora das subvencións encamiñadas a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 para os anos 2020 e 2021.

Ningún comentario:

Publicar un comentario