23 de dec. de 2019

A GUARDA

O Concello abre unha Aula de Estudo

No baixo do antigo Colexio Rodríguez Sinde, na rúa Puerto Rico 

Vista da Aula de Estudo habilitada polo Concello de A Guarda no baixo do antigo colexio Rodríguez Sinde
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz fixo público este luns día 23 de decembro de 2019, que "ante a demanda dun grupo de estudantes universitarios da nosa vila, este Nadal habilitouse unha aula, como sala de estudo, situada no baixo do antigo Colexio [Manuel Rodríguez] Sinde na Rúa Puerto Rico, para todas aquelas persoas que ao longo das vacacións de Nadal precisen dun espazo para poder estudar". 

 Este espazo atópase aberto ao público os seguintes días:  Do 21 de decembro de 2019 ata o 3 de xaneiro de 2020 en horario de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas*.  

 *Excepto o 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro que se informará na porta do local o día anterior do horario reducido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario