19 de xuño de 2026

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A Casa de Montes de Camposancos acollerá a celebración de San Xoán o vindeiro 23 de xuño 

 


Infogauda/Camposancos (A Guarda)

 A Asociación Rego de Bicosán prepara unha nova edición da tradicional celebración de San Xoán, que terá lugar o próximo martes, 23 de xuño, a partir das 21:00 horas na Casa de Montes de Camposancos. 

 A veciñanza e todas as persoas que desexen participar están convidadas a compartir unha noite festiva arredor das fogueiras de San Xoán, unha das tradicións máis emblemáticas do calendario popular galego. O programa incluirá música en directo, a elaboración e degustación da tradicional queimada e un ambiente de convivencia aberto a todas as idades.

 Como parte destacada da celebración, actuará o Grupo de Baile e Gaitas Do Lusco ó Fusco, que ofrecerá unha mostra da música e do folclore tradicional galego, contribuíndo a enriquecer unha xornada marcada pola cultura e a participación popular.

 Esta actividade está organizada pola Asociación Rego de Bicosán e conta coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, e co apoio do programa Culturea da Deputación Provincial de Pontevedra.

 A organización anima á cidadanía a achegarse á Casa de Montes de Camposancos para gozar dunha noite de encontro, tradición e cultura popular arredor do lume de San Xoán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario