Avelaíña recibe unha axuda da Deputación de Pontevedra
Para mellorar a vida das persoas con enfermidade mental a través da promoción da autonomía persoal
A
contía concedida axudará aos usuarios dos Centros da
Guarda, Baiona e do dispositivo Comunitario do Condado e A Paradanta, a recuperar habilidades sociais
Foto: Avelaíña
Natalia Guisande / A Guarda
A Asociación Avelaíña recibe unha subvención por parte da Deputación de Pontevedra a través da convocatoria anual de subvencións a entidades sen fin de lucro, para o desenvolvemento do proxecto “Promoción da autonomía persoal en enfermidade mental grave”.
As persoas que padecen un trastorno mental grave sofren un déficit funcional en áreas relacionadas cos hábitos saudables, o manexo da contorna social e doméstico, polo que se fai necesario o desenvolvemento de programas de vida saudable. Neste sentido, inclúense contidos especializados sobre educación para a saúde, taller de habilidades sociais, hixiene, coidado persoal, habilidades da vida diaria, como cociña, alimentación, entre outros.
A contía concedida é de 6.000 € que axudará aos usuarios dos Centros da Guarda, Baiona e do dispositivo Comunitario do Condado e A Paradanta, a recuperar habilidades sociais a través deste Programa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario