A rúa Concepción Arenal convértese nunha referencia peonil e comercial no centro urbano da Guarda
O deputado de Infraestruturas, Gregorio Luis Agís, e o alcalde, Antonio Lomba, comprobaron os resultados das obras de humanización, valoradas en máis de 1,1 millóns de euros e financiadas maioritariamente pola Deputación de Pontevedra
O
deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais e o alcalde da Guarda, membros da Corporación Municipal e acompañantes, na visita de hoxe as obras de mellora da mobilidade da rúa
Concepción Arenal, EP-3401, de acceso ó porto
Foto: D.PO.
Infogauda / A Guarda
O deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais, Gregorio Luis Agís Gómez, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, acompañados polas concelleiras Mª Montserrat Magallanes Álvarez e Fátima Rodríguez Marcos, así como polo concelleiro Miguel Ángel Español Otero; e outras persoas cuxas identidades descoñecemos, visitaron na mañá deste luns día 16 de decembro de 2019, os traballos de mellora da mobilidade da rúa Concepción Arenal, EP-3401, de acceso ó porto.
As obras, froito dun convenio entre a Deputación e o Concello, foron adxudicadas á empresa "Obras, Reformas y Saneamientos S.L." por un total de 1.171.888,13 euros, dos cales o ente provincial financiou un 78,53%. Ademais, para esta acción foron destinados 100.000 euros do Plan Concellos 2017.
As obras, froito dun convenio entre a Deputación e o Concello, foron adxudicadas á empresa "Obras, Reformas y Saneamientos S.L." por un total de 1.171.888,13 euros, dos cales o ente provincial financiou un 78,53%. Ademais, para esta acción foron destinados 100.000 euros do Plan Concellos 2017.
Durante a visita, Gregorio Luis Agís asegurou que "é unha obra moi relevante onde se pon en valor unha zona moi importante da Guarda. Tamén aquí era necesario acometer os servizos e facer intervencións de humanización e de mobilidade peonil". Deste modo, os traballos foron desenvolvidos en dous tramos. O primeiro abarca dende o cruce coa rúa Enrique María Sesto ata o Hotel Convento de San Benito, mentres que o segundo inclúe o tramo que vai dende a intersección da estrada autonómica PO-552 coa rúa Concepoción Arenal, ata a rúa Enrique María Sesto.
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, explicou: "Había tres eixos arredor dos que xiraba esta praza, que eran a praza Avelino Vicente, a entrada ó Auditorio de San Bieito e o espazo que queda enfronte ó Hotel de San Benito". Ademais, engadiu: "Eu creo que esta vai ser unha ganancia para A Guarda. Onde antes había coches agora vai haber espazos para que a xente e os nenos desfruten".
Así, os obxectivos principais destas actuacións eran mellorar as características monumentais e fortalecer a explotación como espazo público. "Creouse un espazo central realmente acorde ó tipo de zona urbana que é. Cremos que este tipo de actuacións son fundamentais para a seguridade cidadá e para o desenvolvemento económico destas zonas comerciais urbanas", asegurou o deputado de Infraestruturas durante a visita.
Por outra banda, renováronse as instalacións de abastecemento, saneamento, alumeado público e instalouse mobiliario público coa finalidade de aumentar a integración das persoas con mobilidade reducida e diminuír o impacto da pegada de carbono de cara á creación de cidades e comunidades sostibles, un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados pola ONU dentro da Axenda 2030.
"Esta rúa é, para nós, un modelo. Nela reduciuse moitísimo o tráfico; é totalmente accesible e flexible", subliñou o alcalde da vila. Con todo, as beirarrúas pasaron de ser dun metro escaso a ocupar todo o espazo público cunha gran plataforma que permite que tamén poidan circular vehículos.
Finalmente, o deputado de Infraestruturas, Gregorio Luis Agís, sinalou o investimento que fixo a Deputación no concello da Guarda, que ascende a máis de sete millóns de euros (7.187.066,73 euros), dende que Carmela Silva Rego tomou posesión no cargo de presidenta do ente provincial na primavera de 2015.
RECOLLIDA DE SINATURAS EN RELACIÓN CO ESPAZO PÚBLICO DE CHÁN DE CONDE
RECOLLIDA DE SINATURAS EN RELACIÓN CO ESPAZO PÚBLICO DE CHÁN DE CONDE
Independentemente da devandita visita, pero en todo caso, en relación coas obras da rúa Concepción Arenal, máis de dous centenares de persoas - segundo pudo saber un redactor de Infogauda -, reivindican coas súas sinaturas presentadas nunha primeira remesa, no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, que o grupo de goberno municipal, se pronuncie sobre as obras levadas a cabo no espazo público de Chán de Conde, fronte a fachada principal da igrexa de San Bieito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario