O Coro do Conservatorio Elemental de Música achega a ledicia do Nadal
O seguinte concerto terá lugar o vindeiro xoves día 19 de decembro ás 20:00 horas no Centro Cultural da vila, con entrada de balde
O seguinte concerto terá lugar o vindeiro xoves día 19 de decembro ás 20:00 horas no Centro Cultural da vila, con entrada de balde
Bruno Díaz González, profesor e director do Coro do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, nunha das súas intervencións no Concerto de Nadal, celebrado onte na Casa dos Alonso
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Na tardiña de onte, xoves día 12 de decembro a Casa dos Alonso acolleu a celebración do Concerto de Nadal do Coro do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, que fai un ano, tal día como hoxe, 13 de decembro, fixo súa presentación en público.
Este concerto, dirixido polo profesor Bruno Díaz González, e que se realizou dentro da Programación de Nadal 2019/20, congregou a máis dun centenar de persoas, que gozaron do bo facer deste xove grupo coral, cuxos compoñentes, acompañados á guitarra polo profesor Ubaldo Zabala Arbulu, interpretaron varios temas típicos do Nadal como “Carabuyá” (tradicional - adapt. texto: Basilio Astulez) ou Singing all toghether, de K. Stannard; entre outros, que foron premiados cos aplausos do respectable público asistente.
Vista parcial do público que asistiu o Concerto de Nadal do Coro do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda
Este foi o primeiro concerto deste Nadal programado dende o Conservatorio Elemental de Música de A Guarda. O seguinte terá lugar o vindeiro xoves día 19 de decembro ás 20:00 horas no Centro Cultural da vila, con entrada de balde.
A concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, valorou esta actuación como «espléndida», dando os parabéns a este xove grupo e convidando á cidadanía a asistir aos seus concertos, a implicar á xuventude na cultura musical e a formarse musicalmente no Conservatorio de Música de A Guarda.
O Conservatorio Elemental de Música de A Guarda atópase na Rúa Vigo, na traseira do Pavillón Municipal. Na actualidade imparte formación musical de solfexo, frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, guitarra eléctrica e clásica, piano, violín, viola, gaita e percusión.
Todas ás persoas interesadas poden ampliar información sobre o Conservatorio Elemental de Música no teléfono 986 613 002 en horario de 15:00 a 21:00 horas.
Todas ás persoas interesadas poden ampliar información sobre o Conservatorio Elemental de Música no teléfono 986 613 002 en horario de 15:00 a 21:00 horas.
O Conservatorio organiza todos os anos concertos didácticos, que teñen un fin educativo e serven para mostrar os instrumentos que se imparten no conservatorio e potenciar as ensinanzas musicais entre a xuventude da vila.
Tamén se realizan xornadas de portas abertas ás que poden asistir todos aqueles que estean interesados en probar ou coñecer os diferentes instrumentos que se imparten no conservatorio de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario