13 de dec. de 2019

DEPORTES

I San Silvestre Solidaria Concello do Porriño

Celebrarase o día 30 de decembro, ás 20:00 horas



 José Ángel Carrera Alves / O Porriño

 O Concello do Porriño ten abertas as inscricións para a primeira edición da carreira “San Silvestre Solidaria” que celebrarase o 30 de decembro. Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só 3 quilómetros e estará aberta a todas as idades. O comezo da carreira será ás 20:00 horas con saida desde a praza do Concello (Rúa Antonio Palacios, 1). Todos os corredores/as deberán colocarse na zona de saída alomenos 10 minutos antes do comezo da proba.  

 Persíguese un fin solidario de xeito que todos os corredores/as deberán traer 1 kilo de alimentos non perecedeiros, que se destinarán ó Banco de Alimentos. Haberá un lugar debidamente sinalado para deixar os produtos.  

 No que atinxe os premios, haberá agasallos para o corredor/a máis lonxevo; para os que terminen nas seis posicións elixidas o azar. E tamén serán galardoados o primeiro corredor e primeira corredora do Concello do Porriño.  

 O peche das inscricións rematará o 25 de decembro. 

RECOLLIDA DE DORSAIS: 
No Pavillón Municipal do Porriño:       

· 27 de decembro de 10:00 a 15:00 horas.     

· 30 de decembro de 08:00 a 15:00 horas.  

No Concello do Porriño:      

· 30 de decembro de 17:00  a 19:30 horas.

Para realizar a inscrición hai que entrar no seguinte enlace: 

https://carreirasgalegas.com/…/37916098-26ce-d3d2-3711-39f1…

Ningún comentario:

Publicar un comentario