O Coro do Conservatorio presentouse con moito éxito
Nun concorrido concerto de Nadal
O Coro do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, dirixido polo profesor Bruno Díaz González, contou coa colaboración do profesor de guitarra
Fotos: C. A.G.
Fotos: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
Na noitiña do pasado xoves día 13 de decembro a Casa dos Alonso acolleu o Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda, incluido dentro da ampla e variada programación de Nadal 2018/19.
Esta parella de alumnos do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda foron os presentadores Concerto de Nadal
O profesor Víctor Luis Alonso Treinta, dirixindo o Grupo de vento-metall, que abriu a Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda
Esta parella de alumnos do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda foron os presentadores Concerto de Nadal
O profesor Víctor Luis Alonso Treinta, dirixindo o Grupo de vento-metall, que abriu a Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda
Máis de 200 persoas congregáronse nos baixos do novo Concello para escoitar ós diferentes grupos do Conservatorio facer as súas intervencións musicais, participando os grupos de vento-metal, percusión, clarinetes, gaitas, violíns, e guitarrra acústica, interpretando pezas como “Xogo de Tronos”, de B. Djawade;“Happy Christimas”, de J. Lennon; “Muiñeira do Chao”, de Xosé Seivane, ou “A Million Dreams” (B.S.O. do filme The Greatest Showman), entre outras de autores como M. Jansen, L. V. Beethoven, B. Fiocco, A. Vilvaldi ou Johnny J. R. Cash.
Na segunda parte do concerto tivo lugar a presentación do recentemente creado Coro do Conservatorio, formado por preto de medio cento de alumnas - hai maioría feminina - e alumnos. Foi unha das actuacións máis esperadas por todos e que, sen dúbida, gustou moito aos asistentes que encheron o recinto de aplausos tras cada interpretación.
Entre as cancións interpretadas por este novo Coro destacaron “El Sol brilla grande”, de Peter Michel; “Carabuyá” (tradicional - adapt texto: Basilio Astulez), canción na que Bruno Díaz González, director do Coro do Conservatorio e profesor de Linguaxe Musical e Educación auditiva e vocal no Conservatorio Elemental de A Guarda, convidou - e certamente o conqueriu - á participación do respectable público; ou “Singing all together” de K. Stannard, entre outras ata un total de oito. Ainda que en realidade foron nove, xa que correspondendo os aplausos, o director decidiu que o Coro do Conservatorio fixese un bis, interpretando novamente “Yo soy un elfo” (tradicional zulú - Adap. texto: Bruno Díaz), e dese xeito agradecer á magnífica acollida dispensada polos asistentes.
Este foi o primeiro concerto deste Nadal programado dende o Conservatorio de Música Elemental da Guarda. O segundo terá lugar o vindeiro xoves día 20 de decembro ás 20:00 horas no Centro Cultural da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario