13 de nov. de 2019

O ROSAL

DENTRO DO PROGRAMA #AVECIÑANZACONTA  

A ALCALDESA DO ROSAL REÚNESE COA ASOCIACIÓN DAS FESTAS DE SAN XOSÉ

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, mantivo unha reunión con membros da Asociación de San Xosé
Foto: C.O.R.


Infogauda / O Rosal

 A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, mantivo unha reunión coa Asociación de San Xosé dentro do programa #AVeciñanzaConta. Este grupo de veciños de Novás atópase implicado nunha parte importante da dinamización e organización activa dos eventos do Concello dentro do seu barrio, entre elas organizan unha festa popular cunha gran acollida por parte da veciñanza, como é o San Xosé. 

 "A implicación da veciñanza é fundamental no desenvolvemento e mantemento destas festas populares que son parte do noso patrimonio inmaterial. Grazas a iso mantéñense vivas as tradicións. Realmente fan unha labor fundamental neste sentido. Por iso, desde o Concello faremos un esforzo de cara ó ano 2020 para promocionar e visibilizar o gran traballo e valor patrimonial destas festas populares", afirma a alcalsesa. 

 Na reunión falaron dalgunhas cuestións da vindeira edición, na que xa traballan os membros da organización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario