13 de nov. de 2019

O ROSAL

CONCERTO DE OUTONO      

15º ANIVERSARIO DA CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL     

Domingo 17 de novembro, ás 18:00 h. no Auditorio do Rosal





Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos convidarvos o Concerto de Outono que terá lugar vindeiro domingo 17 de novembro, ás 18:00 h. no Auditorio do Rosal, con motivo do 15º Aniversario da nosa coral.

 O acto estará presentado por Jose Pérez Enríquez e participarán:

- Grupo Do Lusco o Fusco (A Guarda), que desenrola unha gran labor no ámbito do folclore galego, e organiza anualmente o Encontro dos Pobos, onde se dan cita grupos de todo o mundo.

- Agrupación Coral de Lores (Meaño), unha das corais que máis destacan na actualidade na nosa provincia e que ven de acadar este ano o 2º posto no Certame de Corais de Arbo.


- Coral da Agrupación Musical do Rosal, a coral anfititroa, que baixo a dirección de Toñi Santos Vaquero, directora dende os comezos da coral, ofrecerán o público unha escolma das mellores pezas do repertorio de todos estes anos.

 A entrada será de balde ata completar aforo e abriranse as portas o público ás 17:15 horas.

 Esperámosvos no Auditorio do Rosal!

Ningún comentario:

Publicar un comentario