6 de nov. de 2019

O ROSAL

REMATOU O CURSO DE AUXILIAR DE COCIÑA  

Á entrega dos diplomas asistiron a alcaldesa do Rosal, a concelleira da Área de Muller e Igualdade, a responsable da empresa responsable da xestión do curso e ás persoas que participaron no mesmo.
Foto: C.O.R.


Infogauda / O Rosal

 Ven de rematar o Curso de Auxiliar de Cociña organizado polo Concello do Rosal e financiado pola Deputación de Pontevedra. 

 Á entrega dos diplomas asistiron a alcaldesa do Rosal, a concelleira da Área de Muller e Igualdade, e a responsable da empresa responsable da xestión do curso, que foron convidadas a unha degustación dos pratos aprendidos no curso de cociña. 

 Desde o executivo municipal do Concello do Rosal, que preside á alcaldesa Ánxela Fernández Callís, fan á seguinte valoración: "Este proxecto foi pensado cunha dobre vertente xa que auna formación teórica dirixida á capacitación profesional, e se traballa tamén de xeito transversal a autoestima, o empoderamento e a xeración de redes entre as mulleres participantes. 

 Os obxectivos deste curso eran aumentar a posibilidades de inserción destas mulleres, mellorar os seus coñecementos para desenvolver traballos como axudante de cociña en establecementos de restauración, contribuir ao seu empoderamento a nivel laboral e tamén persoal, aumentar a rede de apoio, e por suposto mellorar a súa motivación e autoconfianza. 

 Todos estes obxectivos foron amplamente acadados e con resultados moi satisfactorios. Agradecemos a todas elas a súa adicación e entusiasmo, así como os resultados tan positivos do curso. 

 Noraboa!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario