FESTIVIDADE E ROMARÍA DE SAN MARTIÑO
Infogauda / O Rosal
Ainda que o luns 11 de novembro, é a festividade de San Martiño, motivo polo cal será oficiada unha misa na súa honra na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal; á tradicional Romaría de San Martiño celebrarase -se a climatoloxía non o impide - o domingo 17 de novembro de 2019. Nesa data, ás 10:30 horas, na igrexa parroquial de Santa Mariña, terá lugar saída da procesión coa imaxe do santo portada polos seus devotos, ata a ermida adicada a súa advocación, onde ás 12:00 horas celebrarase unha solemne eucaristía con sermón.
Como ven sendo tradicional, a romaría contará coa participación do Grupo de gaitas Albariños de O Rosal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario