A PELÍCULA FRANCESA SAUVAGE NO CINECLUB POLEIRO DE GOIÁN
O xoves, 7 de outubro ás 21:30 horas, no auditorio de Goián
Rita Alonso Pérez / Goián
O xoves, 7 de outubro ás 21:30 horas, no auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro proxecta a película francesa SAUVAGE, unha historia ao redor da prostitución e a homosexualidade dirixida por Camile Vidal-Naquet.
Sinopse: Leo ten 22 anos e vende o seu corpo por diñeiro. Os homes van e veñen e él busca o afecto onde poda atopalo.
Crítica: “Visceral, durísimo e finalmente commovedor paseo ao lado dun chapeiro (...) Unha lección maxistral sobre como tratar un tema conflictivo evitando caer en mitificacións, maniqueismos e paternalismos”. Jordi Costa, El País.
Premios César: Nominada á mellor ópera prima.
O xoves 12 de decembro chega un thriller sueco EL CAIRO CONFIDENCIAL, con guión e dirección de Tarik Saleh. Premiada coa Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid e mellor Película Internacional en Sundance (2017).
Sinopse: Un detective corrupto, cun futuro brillante no corpo de policía, antepón o facerse rico ao seu traballo. Debe investigar a aparición do cadáver dunha muller nun hotel. dunha muller. Vai avanzando na identificación, nas conexións e ao tempo vai descubríndose a si mesmo.
O xoves 9 de xaneiro, cine fantástico, LAZZARO FELIZ, da directora italiana Alice Rohwacher, premiada ao Mellor Guión en Cannes e o Premio Especial do Xurado en Sitges (2018).
Sinopse: Lazzaro, un campesino de excepcional bondade vive nunha aldea lonxe do mundo controlada pola marquesa Alfonsina de Luna. Alí os campesinos son explotados e abusan da súa bondade. Un día coñece ao fillo da marquesa e comenza unha amistade que leva a Lazzaro á través do tempo a coñecer o mundo moderno.
O bono para as tres películas que quedan custa 10 euros.
O Cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño
Ningún comentario:
Publicar un comentario