3 de nov. de 2019

MADRID

PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA A SEMANA DO LUNS 4 AO VENRES 8 DE NOVEMBRO DE 2019 




Martes, 5 
12:00 horas 

 Os editores da “Guía de vinos, destilados y bodegas de Galicia”, Luís e Alejandro  Paadín, presentarán na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o paso desta publicación polos prestixiosos premios  IWC  Merchant  Awards do Reino Unido, considerados os mellores da  enogastronomía europea. 

 A Guía, a pesar de ser de ámbito rexional, é a data de hoxe finalista dos cobizados galardóns na categoría Mejor Guía de Vinos e compite só con outra aspirante, o que proba o seu altísimo nivel. O fallo do xurado darase a coñecer o luns 4 de novembro no transcurso dunha cea que se celebrará no hotel  Palace de Madrid. Non en balde, a publicación galega conta xa co Gourmand World  Cookbook  Awards 2017, Premio Especial do Xurado como Mellor Libro de Bebidas do Mundo 2017.  

Martes, 5 
19:30 horas 

 Inauguración da mostra de pintura e olería “Lagares pintor e coleccionista” de Francisco  G. Lagares, na que o artista de Vigo expón a súa obra plástica das tres últimas etapas pictóricas (2000-2015), unida estreitamente ao mundo das matemáticas, xunto con pezas da súa colección de cerámica popular que iniciou nos anos 70 e que abarcan un amplo período que vai do S.  XVI ata o fin dos 70 do S.  XX. 

 A exposición leva ao espectador pola máis pura abstracción xeométrica unida ao campo matemático con ordenadas composicións e milimétrico colorido, deixando atrás a época  figurativa do artista.  

 A mostra “Lagares pintor e coleccionista” poderá visitarse nas Salas A e  B da Casa de Galicia  ata o 30 de novembro; en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.  

Xoves, 7 
19:30 horas 

 Inauguración da mostra de pintura e  haikus " KOKORO, onde o sentimento únese á esencia", das pintoras Ana Soler Fernández e Yano  Yoro, e a poeta Francisca García Jáñez, que ofrece unha ampla visión centrada no mundo oriental feminino, esbozada como un diario emocional onde mente, corpo e espírito fúndense para celebrar a vida. 

 A exposición compón un coidado quebracabezas no que encaixan á perfección: “as reservadas e felices geishas” de Ana Soler “cheas de felicidade, quietude, contemplación e recoñecemento”; “a serie de mulleres nipoas que respiran plenitude amorosa” de Yano Yoro; xunto cos delicados haikus de Francisca García Jáñez que acompañan cada obra.  

 A mostra " KOKORO, onde o sentimento únese á esencia" poderá contemplarse na Sala  L ata o 30 de novembro, en horario de 10 a 14 e  de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario