6 de nov. de 2019

GONDOMAR

"A ameaza invisible nos océanos"  
Charla de Débora Iglesias  
Venres 8 de Novembro, as 20:00h no IEM

Débora Iglesias-Rodriguez
Foto: IEM

IEM / Gondomar

 O vindeiro venres, 8 de novembro as 20:00 horas, no local do IEM "Ponte de Rosas", Avda. da Feira,10 Baixo, Débora Iglesias ofrecerá unha charla que leva por título "A ameaza invisible nos océanos".  

 Débora Iglesias-Rodriguez é xa unha coñecida no IEM (ademáis de nativa do noso Val de Miñor) por ser unha oceanógrafa que traballa nos mecanismos que controlan a diversidade e a función nos ecosistemas mariños. Licenciada na Universidade de Santiago de Compostela, doctorouse en Swansea, Reino Unido, 1996 cunha tese sobre a utilización de carbono no fitoplancto. Foi posteriormente galardoada cunha bolsa NERC para estudar a diversidade xenética en coccolitóforos (University of Bristol, Reino Unido) e unha bolsa da NASA para modelar a súa distribución mediante datos por satélite (Rutgers University, EUA). Ata decembro de 2012, dirixiu un grupo de investigación no National Oceanography Center (Southampton, Reino Unido), centrado na bioluminescencia mariña e o efecto de acidificación dos océanos no plancto mariño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario