18 de nov. de 2019

DEPORTES

Carreira de Vellas Glorias do Ciclismo 

Varios ciclistas ex profesionais daranse cita na vila de A Guarda, na tarde do sábado día 23 de novembro
 
De esq. a der.: Roberto Portela Vieira, Antonio Lomba Baz e Mª Montserrat Magallanes Álvarez
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Este luns día 18 de novembro a Casa dos Alonso acolleu a presentación da Carreira de Vellas Glorias do Ciclismo que terá lugar o vindeiro sábado día 23 de novembro a partires das 16:30h.  

 O acto de presentación contou coa asistencia do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes Álvarez; e o coordinador dese evento deportivo, Roberto Portela Vieira.
  

 Nesta nova edición da Carreira das Vellas Glorias do Ciclismo Galego, que xa se celebrara na Guarda uns anos atrás, contará coa presenza de máis de 80 deportistas ex profesionais do mundo do ciclismo galego coma Veloso ou Marques.  

 A proba arrancará ás 16:30 horas dende a Alameda d e A Guarda, facendo un percorrido de 20 voltas a un circuito urbano de 1,2km polas Rúas Galicia, Brasil e República Dominicana, con varios sprints especiais e rematando cunha subida ata o Monte Santa Trega.  

 Previa a esta proba contarase na Alameda con actividades para os ciclistas da base do C.C. O Rosal, cunha proba de gymcana para os máis pequenos.  

 Antonio Lomba destacou a importancia e relevancia do deporte na Guarda, cunha forte aposta dende a Concellería de Deportes encabezada por Mª Montserrat Magallanes, apoiando e colaborando coas iniciativas deportivas que se realicen na vila. Engadiu que é unha satisfacción para a vila que estas iniciativas deportivas se consoliden e se manteñan no tempo, contando cunha axenda deportiva moi importante para unha vila de pouco máis de 10.000 habitantes. O alcalde aproveitou a oportunidade para convidar á cidadanía a animar aos ciclistas que visitarán A Guarda este sábado e tamén aos corredores que participarán o domingo no VI Trail do Trega.   

 Desde o Concello e a organización, agradecen de igual xeito a colaboración de Protección Civil do Rosal, Ges da Guarda, Policía Local e Guardia Civil de Tráfico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario