VI edición do Trail do Trega
Preto de 500 deportistas tomarán o domingo día 24 de novembro, o Monte Santa Trega
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Este luns día 18 de novembro a Casa dos Alonso acolleu a presentación da VI edición do Trail do Trega, acto que contou coa asistencia do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes Álvarez e o representante de Qualité Sports, Serafín Martínez Acevedo.
Nesta VI edición, que terá lugar este domingo día 24 de novembro a partires das 9:30 horas hai tres opcións: Experiencie 12k, Advance 18k e unha andaina popular de 12km.
Ás 9:30 horas, terá lugar á saída da Andaina. Os participantes teñen que percorrer unha distancia total de 10kms e cun desnivel acumulado de 650m.
Ás 10:00 horas, comezará a Advance 18k, proba que conta cun desnivel acumulado de 1.100m.
Ás 10:30 horas, darase á saída aos participantes na Experiencie 12k, que conta cun desnivel acumulado de 650m.
Todas as modalidades terán como punto de saída e de chegada a Alameda de A Guarda.
Os organizadores prevén unha asistencia de preto de 500 participantes, estando inscritos xa máis de 360, destacando unha forte representación portuguesa así como de persoas de máis de 12 provincias de toda España.
Haberá premios para as diferentes categorías e as inscricións seguen abertas ata o 20 de novembro na web www.traildotrega.com
Dende a organización do evento agradecen a implicación das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda e de Camposancos, respectivamente, para a limpeza dos diferentes camiños que se van a empregar neste evento deportivo, así como a colaboración do Concello de A Guarda, Protección Civil do Rosal, GES de A Guarda e Policía Local.
A concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes, destacou a aposta decidida do Concello de A Guarda co Deporte, o que repercute en hábitos de vida saudable en contacto coa natureza, animando a todos os amantes destas actividades a participar este domingo na proba no marco do Monte Santa Trega, enclave prehistórico dunha singular beleza paisaxística con vistas panorámicas ao Esteiro do río Miño e o Val do Rosal, Océano Atlántico, Caminha e A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario