JUDO
MÁIS RESULTADOS PARA O CLUBE DE JUDO BAIXO MIÑO
De esq. a der.: Tecla María Cadilla Acevedo, Elena Cañibano de Celis e Brais Pereira Amorin, cos seus respectivos galardóns
Informa (fotografías e Redacción): Mónica Pacheco Lomba / A Guarda
Moi bos resultados para o clube de judo Baixo Miño estas dúas últimas semanas. Por unha banda dúas medallas de prata e un 5º posto na Copa de España Junior, de Xixón. As medallas de prata foron para Verónica Pérez, que leva un inicio de tempada moi bo de cinco Copas de España nas que participou conseguiu subirse ao podium en todas. A outra medalla de prata foi para José Manuel Rodríguez, resultado que o coloca entre os primeiros da clasificación nacional. O 5º posto foi para Noa González, que aos poucos vai meténdose entre as mellores.
José Manuel Rodríguez e Verónica Pérez coas súas respectivas medallas de prata
Doutra banda esta fin de semana celebrouse o sector oeste nacional senior no cal se clasifican os tres primeiros para a fase final do campionato de España e os tres judokas do club conseguiron quedar entre os tres primeiros, as medallas foron para:
Tecla María Cadilla Acevedo, medalla de ouro, tras volver iniciar a competición nunha nova categoría de peso.
Elena Cañibano de Celis, medalla de ouro na categoría de -57kg.
Brais Pereira Amorin, medalla de bronce, resultado moi meritorio xa que competía cunha lesión que lle producía moita dor.
Agora estes tres judokas competirán na fase final do Campionato de España o día 30 novembro.
Parabén a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario