Mercado de Nadal, concertos, pista de xeo,...
Son entre outros, algúns dos atractivos, da ampla programación para este Nadal na vila
A concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez Marcos reuniuse co sector do comercio guardés
Son entre outros, algúns dos atractivos, da ampla programación para este Nadal na vila
A concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez Marcos reuniuse co sector do comercio guardés
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Infogauda / A Guarda
Nunha reunión co sector do comercio do municipio, o Concello de A Guarda deu a coñecer as principais novidades da Campaña de Nadal deste ano 2019.
A reunión, que se celebrou na Casa dos Alonso e que contou coa asistencia de máis dunha vintena de comerciantes, estivo encabezada pola concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez Marcos, que aproveitou a ocasión para recordar aos presentes a forte aposta que dende o Concello se está a realizar para dinamizar e promover o comercio e hostalaría, sectores fundamentais para o tecido económico de A Guarda e que se distinguen pola súa calidade, diversidade e variedade de servizos, facendo especial fincapé en que esta campaña se realiza para dinamizar estes sectores de cara a unhas datas moi importantes para a vila, nun dos municipios con maior densidade comercial de Pontevedra, o que repercute moi positivamente, xerando emprego e dinamismo económico.
“Este ano pretendemos sacar á rúa a programación de actividades de Nadal, xerando un maior movemento de persoas pola vila, favorecendo a mobilidade das persoas polo casco urbano e incentivando as compras no comercio local”, dixo Fátima Rodríguez.
Pista de xeo para o Nadal 2019
En canto á Programación de Nadal, Fátima Rodríguez anunciou que este ano A Guarda contará novamente cunha pista de xeo, que estará instalada na Alameda da vila dende o 5 de decembro ata o 19 de xaneiro de 2020.
Nesta ocasión establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais. Cada entrada para a pista de xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€.
Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a pista de xeo poderán mercar os que desexen a partires do 25 de novembro na empresa colaboradora, Informática San Benito, teléfono 986 60 89 20. Tamén se poderán mercar in situ unha vez estea instalada a pista de xeo na Alameda.
As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro. O seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante. Os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados. Cada local participante aparecerá nunha lona na propia pista de xeo e terá un cartel anunciador da campaña no seu establecemento. Tamén se disporá de espazos publicitarios no interior destas instalacións, un lugar para dar visibilidade aos servizos e produtos das empresas que desexen incluír publicidade alí.
Dende o Concello recórdase ao comercio e ao sector hostaleiro o importante esforzo económico que supón traer novamente á Guarda unha pista de xeo, polo que se pide a súa colaboración e implicación para facer que o seu funcionamento sexa o agardado e se converta nunha tradición do Nadal guardés.
“Coa instalación da pista de xeo preténdese incentivar o consumo e as estancias de visitantes na Guarda, nunha das épocas de maior afluencia e máis importantes para o tecido económico guardés como é o Nadal”, dixo a concelleira Rodríguez Marcos.
Mercado de Nadal e actividades infantís
Ademais da pista de xeo, A Guarda contará este Nadal con moitas máis actividades e diversión para toda a familia con dous espazos de dinamización: un Mercado de Nadal, que estará no entorno da Praza Avelino Vicente (preto da réplica do As de Copas) e unha zona de obradoiros e actividades infantís na Praza Juan Bautista Alonso (Monterreal).
Decora o teu Nadal
A Campaña “Decora o teu Nadal” contará este ano coa colaboración de 11 asociacións, que embelecerán 11 espazos públicos do municipio con temática mariñeira empregando materiais de refugallo.
Máis actividades
Como ven sendo habitual haberá as tradicionais actuacións musicais de Nadal, como o Festival de Panxoliñas e concertos de Nadal e tamén celebrarase a Cabalgata dos Reis Magos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario