16 de nov. de 2019

A GUARDA

FILATELIA

A COLECCIÓN: "COLÓN: RUMBO A LAS YNDIAS", DE JOSÉ ÁNGEL GÁNDARA RODRÍGUEZ, LOGRA UN NOVO GALARDÓN

Como consta no Palmarés de EXFILNA ´2019, foi premiada coa Medalla de Ouro Grande, 91 puntos

José Ángel Gándara Rodríguez, membro da SFNG, diante da súa colección "Colón: Rumbo a las Yndias"
Foto: Infogauda



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Filatelia galega, en xeral, e de xeito particular, a Filatelia guardesa, están de noraboa, toda vez que á multipremiada colección "Colón: Rumbo a las Yndias", de José Ángel Gándara Rodríguez, ven de lograr a Medalla de Ouro Grande, na LVII Exposición Filatélica Nacional, Exfilna´2019, celebrada en dúas sedes - na Plaza Porticada e na Biblioteca Central de Cantabria, respectivamente -, en Santander, do 5 ao 10 deste mes de novembro, e na que participaron 123 expositores, que presentaron unha selección das mellores coleccións filatélicas de todo o Estado Español.




 A colección de José Ángel Gándara Rodríguez, destacado membro da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG), competiu na Clase Mestra, na modalidade de Filatelia Temática - polo que súa colección estivo exposta na sede da Biblioteca Central de Cantabria, onde se mostraron 570 paneis expositivos, 9.120 follas e máis de 90.000 selos -, acadando, como consta no Palmarés de EXFILNA ´2019, a Medalla de Ouro Grande, 91 puntos. Por ese motivo ademáis do correspondente diploma acreditativo tamén recibiu o Trofeo Gobierno de Cantabria. 
 


 A LVII Exposición Filatélica Nacional, Exfilna´2019 foi organizada pola Federación Filatélica de Cantabria (FEFICA), a Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI), baixo a Presidencia de Honra de  SS.MM. os Reyes de España e co patrocinio da  S.E. Correos e Telégrafos e da FNMT-Real Casa de la Moneda.

O Xurado Cualificador da 57 Exposición Filatélica Nacional EXFILNA 2019, que reuniuse durante os días 6 ao 8 de novembro de 2019, estivo constituído polos seguintes señores: Rafael Acuña Castillo, Fernando  Aranaz del Río, Miguel Ángel García Fernández, José Pedro Gómez-Agüero Jiménez, Bedrich  Helm, Thomas  Höpfner, Ángel Iglesias Vidal, Alfredo Miguel Martínez, José Ramón Moreno Fernández-Figares, Juan  Panés Cantero e Carlos A. Rodríguez Gómez.

 Como Xurados alumnos, José de  Belarmino Díaz López, e Esteve  Domenech Baño. 

 Todas as coleccións foron cualificadas aplicando a vixente regulamentación e táboas de valoración da FIP e  FESOFI. Esta Exposición EXFILNA contou co recoñecemento da  FEPA. 
  
 "Colón: Rumbo a las Yndias", de José Ángel Gándara Rodríguez, é sen dúbida, unha das coleccións filatélicas que máis recoñecementos nacionais e internacionais ten acadado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario