16 de nov. de 2019

TUI

GALIZA NOVA REALIZA UNHA ACCIÓN REIVINDICATIVA ANTE A ACTUACIÓN DE UN ACTOR PORNOGRÁFICO EN TUI 
A Asemblea de Mulleres da organización xuvenil Galiza Nova na comarca do Baixo Miño realizou unha acción reivindicativa nun local de alterne en Tui
Foto: A.MM. de Galiza Nova

Infogauda / Tui   

 A Asemblea de Mulleres da organización xuvenil Galiza Nova na comarca do Baixo Miño realizou unha acción reivindicativa nun local de alterne en Tui no cal esta mesma noite se celebra unha actuación que engloba a presenza de un actor pornográfico.     

 Esta acción vese enmarcada na campaña polo 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista realizada pola organización, con lema “Somos as que loitan por un país sen violencia”. A acción ten como obxectivo a denuncia do branquexamento da industria pornográfica, que ten a súa base no sistema patriarcal, perpetuándoo: “A pornografía e a explotación das mulleres tamén son violencia” - afirman.     

 Perante a situación actual, organización pasa á ofensiva, reivindicando a totalidade das violencias que as mulleres sofren a diario en todos os ambientes nos que se desenvolve a súa vida.     

 Ata o 25 de Novembro, a organización continuará cunha actividade específica centrado no eixo feminista e enmarcada dentro de esta campaña, realizando actos e actividades por todo o País, e que culminará nas mobilizacións convocadas polo conxunto do movemento feminista galego, ás cales chaman á mocidade a asistir, defendendo que “a mobilización e a organización son tamén formas de autodefensa necesarias”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario