PERIGO PARA OS PEÓNS NO PASEO DE PORTUGAL
Esa é a imaxe que nos ofrecen as ramas de acacias que "invaden" un tramo da beirarrúa no Paseo de Portugal, pondo en serio risco o tránsito dos peóns
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Os temporais de vento e chuvia dos pasados mércores e xoves desta semana, causaron algunhas incidencias en diversos lugares da Comunidade Autónoma galega. A Guarda non ía ser unha excepción, e como mostra, aí temos unha das imaxes, documentadas tanto o venres día 15 como este sábado día 16 de novembro, que indícanos claramente que por parte das autoridades competentes algo debería haberse feito, e non se fixo. Dito sexa obviamente, sen ánemo de molestar, pois non é esa nosa intención.
Como todo o mundo sabe, no día de onte e no de hoxe, a climatoloxía permitiu perfectamente, correxir esa pequena "invasión" da estreita beirarrúa e parte da superficie destiñada ao tráfico de vehículos, no Paseo de Portugal, por causa das ramas dunhas árbores que presuntamente resultaron afectadas polo referido temporal.
Consideramos que non hai xustificación para que a día de hoxe non se haxa correxido a devandita "invasión" das ramas, e éstas continúen impedindo - ou dificultando -, o normal paso dos peóns, que transitan por esa zona, véndose obrigados a camiñar uns metros pola superficie de rodadura dos vehículos, precisamente nun tramo de vía pública onde xa houbo que lamentar no seu día, máis de un accidente con víctimas mortais.
Desde este xornal dixital transfronteirizo entendemos que debería haberse subsanado puntualmente esa pequena incidencia, porque ao non habelo feito estáse pondo en risco a integridade dos peóns, e se cadra, mesmo dos conductores e ocupantes dos vehículos que circulan por esa zona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario