O alcalde e a concelleira de Turismo do Concello de A Guarda, con varias atadeiras da Asociación de Redeiras Atalaia e os blogueiros que están facendo o Camiño Portugués pola Costa
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Que o Camiño Portugués pola Costa está sendo toda unha revelación é un feito que pódese constatar a cotío, dado que desde que esa ruta foi recoñecida oficialmente pola Xunta de Galicia, os peregrinos forman parte da paisaxe urbana da vila de A Guarda. E ademáis, os datos confirman que ese itinerario xacobeo, está sendo transitado por persoas de procedencias tan lonxanas como EE.UU., Taiwan, China, Corea, Israel, Brasil,..., ademáis das chegadas desde diferentes países europeos, como Alemania, Gran Bretaña, Francia, Italia, Portugal,..., e por suposto, tamén de diversas Comunidades Autónomas de España.
Difundir os atractivos do Camiño Portugués pola Costa, que desde á cidade lusa de Porto entra en Galicia, logo de cruzar o río Miño, polo embarcadoiro da Pasaxe (Camposancos), é unha tarefa na que hai moitas administracións comprometidas e todo canto se fai vai ter - de feito xa está tendo - unhas sinerxias positivas que benefician o emprendemento, contribúen a desestacionalización do sector hostaleiro e tamén ao desenvolvemento da economía, en toda á area do itinerario desa ruta xacobea. E por suposto, axudan tamén a multiculturalidade.
Nesa liña, deixamos constancia que na xornada de onte martes día 15 de outubro, A Guarda recibiu a visita de dous importantes blogueiros ligados aos sectores da gastronomía e do turismo internacional.
Esta visita está enmarcada no Proxecto «Maridando coas xentes do Camiño. Blog Trip de gastronomía e encontros 2019» onde catro dos blogueiros de viaxes e gastronomía máis importantes de España están percorrendo o Camiño Portugués da Costa, unha das rutas xacobeas que máis diversidade cultural, gastronómica e monumental ofrece, degustando en cada etapa viños das Denominacións de Orixe e os produtos de Indicacións Xeográficas Protexidas da gastronomía galega, e ao mesmo tempo realizando varios encontros con colectivos das xentes das diferentes localidades polas que transcorre o Camiño.
No caso da Guarda participou o blogueiro Alberto Ribas @Alvientoo, con máis de 21.000 seguidores en Instagram, finalista dos «10 Blogs más populares de Fitur», especializado en viaxes e gastronomía, xurado gastronómico e blogueiro convidado en campañas turísticas en México, Rumanía, Georgia, La Rioja ou Mallorca.
Tamén contouse coa participación de Diana Millos @dianamiaus, con máis de 131.000 seguidores en Instagram, e instagrammer de referencia para destinos internacionais.
Tamén contouse coa participación de Diana Millos @dianamiaus, con máis de 131.000 seguidores en Instagram, e instagrammer de referencia para destinos internacionais.
A actividade desas persoas desenvolverase nos meses de outubro e novembro para aportar seu gran de area na desestacionalización do sector turístico.
As atadeiras de redes manteñen vivo un oficio ancestral que na Guarda ven sendo desenvolvido maioritariamente por mulleres
Na Guarda os blogueiros reuníronse con varias atadeiras da Asociación de Redeiras Atalaia, na nave que teñen no Portiño Novo, onde puideron comprobar como é o seu traballo, intercambiando diferentes experiencias sobre o mundo do mar e da pesca, o seu valor cultural, patrimonial e social.
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Patrimonio, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, déronlles á benvida nas devanditas instalacións, ubicadas no porto de A Guarda, compartindo os blogueiros cos representantes municipais e coas atadeiras da devandita asociación de redeiras, as súas experiencias nesta etapa do Camiño Portugués da Costa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario