16 de out. de 2019

CAMPOSANCOS

A XUNTA DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS CELEBRARÁ HOXE SESIÓN ORDINARIA

A sesión foi convocada para este mércores día 16 de outubro ás 20:00 horas, en 1ª convocatoria, e ás 20:30 horas, en 2ª, no salón de plenos da E.L.M. de Camposancos



Infogauda / Camposancos 

 A presidenta da Xunta da Entidade Local Menor de Camposancos, María Mercedes Martínez Vázquez convocou para este mércores día 16 de outubro, ás 20:00 horas, en 1ª convocatoria e ás 20:30 horas, en 2ª, unha sesión ordinaria do Pleno da Entidade Local Menor (E.L.M.), de Camposancos, que celebrarase no salón de plenos da devandita entidade.

 Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1. Aprobación da acta da sesión anterior
2. Dar conta dos Decretos
3. Expedente 54/2019. Dar conta dos reparos
4. Expedente 55/2019. Conta xeral 2018
5. Expedente 49/2019. Modificación de Creto 3
6. Expedente 50/2019. Modificación de Creto 4
7. Expedente 46/2019. Permuta en Sáa
8. Expedente 30/2018. Dar conta do envío ao Ministerio das execucións trimestrais, PMP e morosidade
9. Rogos e preguntas

Ningún comentario:

Publicar un comentario