Membros do comité de POVISA e da CIG-Saúde acaban de pecharse na consellería de Sanidade
· Demandan da Xunta de Galiza que adquira o centro hospitalario para garantir a cobertura sanitaria pública na área de Vigo
· Exixen ser recibidos polo conselleiro de Sanidade
Membros do comité de POVISA e da CIG-Saúde permanecen pechados na Consellería de Sanidade, en San Lázaro
Fotos: CIG
Infogauda / Santiago de Compostela
Membros do comité de POVISA e da CIG-Saúde permanecen pechados na Consellería de Sanidade, en San Lázaro, para manifestar o seu rexeitamento á compra, por unha contía mínima, do centro hospitalario por parte da aseguradora estadounidense Centene e denunciar a perda de oportunidade da Xunta de adquirir POVISA por 24 millóns de euros, garantindo a xestión pública dun recurso asistencial vital para a área sanitaria de Vigo.
Exixen ante isto ser recibidos polo conselleiro, á quen a CIG xa lle solicitou unha reunión o pasado 8 de outubro que segue sen ter resposta, porque a compra de POVISA por parte de Sanidade permitiría garantir unha prestación a toda a poboación da área sanitaria de Vigo desde o sistema público e facilitaría o seu desenvolvemento sen estar ao servizo dos intereses privados.
De xeito paralelo ao encerro, un grupo de delegados e delegadas da CIG-Saúde permanece concentrado diante do edificio da Consellaría de Sanidade en San Lázaro.
REUNIÓN CO XERENTE DO SERGAS
Os membros do comité de Povisa e de CIG-Saúde que iniciaron un peche na Consellería de Sanidade despois de que a súa solicitude de reunión co conselleiro non obtivese resposta, están a ser recibidos nestes momentos polo xerente do Sergas.
REUNIÓN CO XERENTE DO SERGAS
Os membros do comité de Povisa e de CIG-Saúde que iniciaron un peche na Consellería de Sanidade despois de que a súa solicitude de reunión co conselleiro non obtivese resposta, están a ser recibidos nestes momentos polo xerente do Sergas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario