TRIBUNA ABERTA
A RÚA MACEIRAS
Nesta mañá de chuvia, ollo como tres traballadores do concello, limpan a carretera que vai dende a Rúa Lomba Camiña ate Buxán. Carretera que pouco ten que limpar, porque xa a limparon varias veces no ano. Nada máis atravesar a carretera en sentido contrario, está a rúa Maceiras que vai os invernadoiros. Leva anos sin limpar. Eu cubrín xa tres solicitudes no concello, pasadas por rexistro, pra que limpasen esa carretera pola que se fai difícil camiñar e pola que anda moita xente. Iso demostra que o concello sigue a súa política de castigarnos.
Hai veciños de primeira e veciños de terceira.
Francisco Álvarez Álvarez
Ningún comentario:
Publicar un comentario