30 de out. de 2019

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE "PROBAS DE DEIXADEZ E ABANDONO" NAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

Celso Rodríguez Fariñas: "Donde non se fai mantemento e revisión das mesmas"

Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda 
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda 

 Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda advirtiu este mércores día 30 de outubro da situación que afecta as instalacións municipais, concretamente as dependencias do Centro Cultural, onde entraron augas pluviais.


A auga da choiva fíxose notar en varios lugares da planta superior do Centro Cultural
Foto: C.G.

 
"Creemos que coas primeiras choivas, aparecen as probas de abandono que sofren as instalacións municipais, donde non se fai mantemento e revisión das mesmas.

 Catro gotas, e móntase o despelote no Centro Cultural, entrando auga por todos os lados e provoca unha desfeita. Unha foto dí máis que mil palabras, e as imaxes están aí para demostralo (...)", afirmou Celso Rodríguez Fariñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario