30 de out. de 2019

A CRUZADA (A GUARDA)

ROMARÍA DE SAN CATALINA

Domingo día 24 de novembro de 2019, ás 11:30 horas, na capela de San Cayetano


Infogauda / A Guarda

 A Comisión de Festas de San Cayetano ven de facer público o cartel da Romaría de Santa Catalina, que celebrarase o domingo día 24 de novembro de 2019.

 Os actos comezarán ás 11:30 horas, na capela de San Cayetano, coa celebración eucarística, ao remate da cal sairá á procesión polo itinerario de costume, que comprende unha parada a carón da fonte-lavadoiro de Santa Catalina, e retorno á capela, na compaña dos devotos da santa e dos compoñentes do Grupo de Gaitas e Bailes Xamaraina.

 Ao remate da procesión será servido chocolate de balde.

 Santa Catalina de Alexandría foi unha mártir cristiá do século IV. Está incluída no grupo de santos auxiliadores, sendo invocada contra á morte súbita. Ademáis é patroa dos escolares e estudantes, filósofos, prisioneiros, mozas casadeiras, barbeiros, e de cantos relaciónanse polo seu oficio coas rodas: carreteiros, muiñeiros, trapeiros, fiandeiras, ciclistas,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario