PREVISIÓN PARA O MÉRCORES 30 DE OUTUBRO DE 2019
NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA
Mércores, 30
19:30 horas
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro, en edición bilingüe "74 saudades para ascender aos ceos/74 saudades para ascender a los cielos", de Manuel Vilanova (Barbantes, Ourense, 1944 – Vigo, Pontevedra, 2019), editado por Sial Pigmalión, un acto de homenaxe póstuma ao autor, quen con setenta e catro anos escribiu a obra con setenta e catro poemas, “unha recapitulación existencial e, por tanto, un axuste de contas co vivido”.
Intervirán o escritor, profesor e tradutor da obra, Vicente Araguas e o presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario