PREVISIÓN PARA O MÉRCORES 23 DE OUTUBRO DE 2019
NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
Mércores, 23
19:30 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro "Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil", de Manuel Vilar Álvarez, editado por Alvarellos. Unha guía que recrea o roteiro histórico máis directo entre Santiago e Muxía elixido desde hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten entre os seus atractivos a famosa ponte medieval de Brandomil.
Participarán, ademais do autor Manuel Vilar Álvarez; o presidente da Fundación Brandomil, José Pérez Santos; o subdirector do Museo Nacional de Artes Decorativas, Félix de la Fuente Andrés; o alcalde de Santa Comba, David Barbeira García; e o editor, Henrique Alvarellos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario